PONTEVEDRA | 14/03/2018 | Actualizada ás 09:25 por EUROPA PRESS
Un home de 43 anos de idade faleceu nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar unha motocicleta e un coche no termo municipal de Moaña (Pontevedra).
O sinistro tivo lugar sobre as 19,30 horas do martes no municipio de Moaña, até onde o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, así como persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Moaña.
Segundo informou o 061, o persoal sanitario atendeu no punto a un home de 43 anos, M.R.C., que faleceu no lugar do accidente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.