Fixoo tras acometer unha fusión na que, máis aló dos inconvintes lóxicos dun proceso desta envergadura, primou o interese xeral de Galicia e cumpríronse escrupulosamente os requisitos requeridos para ela, incluido claro está o da solvencia. Fixoo ademais con todas as bendicións pertinentes: a do propio Goberno do Estado, a do FROB e a do Banco de España.
Dous meses despois, nada serve. O Goberno de Zapatero rizou o rizo e, como fai sempre, os seus digodiegos desbarataron dun plumazo boa parte do traballo feito e, o que é peor, as esperanzas depositadas na nova caixa galega que, con non poucos esforzos, continúa a ser galega. Pese a todos os pesares, é de salientar (e valorar) que tanto os xestores da nova caixa como os responsables da Xunta, non renuncian ó mantemento e continuidade deste proxecto
E non hai que esquecer que os socialistas, e nomeadamente o executivo nacional, nunca quixo que este proxecto chegara a bo porto. Na lembranza está aquela decisión arbitraria de presentar un recurso contra o Constitucional, os desplantes contra o goberno galego cancelando reunións no último momento, os intentos por todos os medios posibles, en definitiva, de bloquear as lexítimas aspiracións de Galicia.
Agora, superados todos aqueles atrancos iniciais, impulsa un cambio de rumbo sen precedentes dentro das habituais autoenmendas coas que os socialistas están a impregnar a súa acción de goberno e que, de tan reiteradas, convertéronse xa en marca consustancial da casa.
Da noite para a mañá (e non é un eufemismo), Zapatero pretende (e obriga) a que as caixas de aforro cumpran en seis meses, de eiquí a setembro, as condicións pactadas nos propios procesos de fusión cun horizonte temporal de cinco anos. O que supón un ataque frontal á continuidade e supervivencia das caixas en xeral e, no caso concreto galego, tenta arrebatar a Galicia o mantemento dun peso específico propio no ámbito financieiro estatal.
A improvisación volta a ser a constante do goberno socialista, ó igual que a arbitrariedade no emprego de raseiros distintos según de que tipo de entidade se trate. Ademais, arrebátalle ó Banco de España autoridade e, por extensión, reputación. Resta por tanto credibilidade internacional o noso sistema financieiro e, por extensión, a nosa economía nun intre moi delicado no que non estamos precisamente para tirar foguetes.
Haberá que ver en que remata todo esto, porque seguro que a vicepresidenta e ministra de Economía sorprenderanos aínda con algún que outro cambio.
En calquera caso e pese a todos os pesares, é de salientar (e valorar) que tanto os xestores da nova caixa galega coma os responsables da Xunta non renuncian ó mantemento e continuidade deste proxecto (sentir que, creo, compartimos todos os galegos) e están xa a traballar para cumprir os novos requisitos impostos.