Temas: SANIDADE SERGAS

Sanidade, disposta a "colaborar coa máxima transparencia" na investigación sobre unha morte en Urxencias do CHUS

Di que acheará "toda a documentación que sexa necesaria" para "que o esclarecemento dos feitos leve a cabo coa máxima dilixencia e rapidez posible".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2018 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade expresou este luns a súa disposición a "colaborar coa máxima transparencia" na investigación sobre a morte dunha doente no corredor do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) hai un ano.

Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña | Fonte: @urg_CHUAC.

Así o indicaron a Europa Press fontes de Sanidade, que puntualizaron que "a día de hoxe non consta no Sergas ningún tipo de requirimento nin petición" de informe "por parte da Fiscalía" nese sentido.

Non entanto, as mesmas fontes de Sanidade trasladaron a súa disposición a colaborar e achegar "toda a documentación que sexa necesaria" para "que o esclarecemento dos feitos leve a cabo coa máxima dilixencia e rapidez posible", concretan.

DENUNCIA

A Fiscalía remitiu a un xulgado de Santiago unha denuncia ao considerar que "hai indicios de delito" na morte dunha paciente mentres esperaba asistencia nun corredor no servizo de Urxencias do complexo hospitalario compostelán en febreiro de 2017.

O Ministerio Fiscal acudiu ao xulgado despois de analizar os feitos após unha denuncia recibida pola coalición sindical CESM-O'Mega en relación á morte dunha doente á que "tardaron un tempo en atender" e faleceu cando a foron a asistir en Urxencias.

Temas: SANIDADE SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta