Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario e orgánico de En Marea, Luís Villares, pediu a dimisión de Paula Quinteiro por "responsabilidade cos compromisos éticos" da formación rupturista. A parlamentaria viuse metida nun altercado coa Policía en Santiago na madrugada do 18 de marzo, cando chegou a esgrimir a súa identificación de deputada, o que constitúe, para Villares, "un uso indebido" da súa condición como cargo público.

Luis Villares na súa presentación como candidato ás primarias de En Marea
Luis Villares na súa presentación como candidato ás primarias de En Marea | Fonte: EP

Villares compareceu ante os medios logo de case dúas semanas de silencio desde que saltou á luz o caso da deputada —inscrita de Podemos e afín á corrente Anticapitalistas—, a pesar da crise interna que abriu un cisma entre o órgano político de En Marea (o Consello das Mareas) e o grupo parlamentario, no que, á súa vez, tamén existen diferentes posturas sobre a asunción de responsabilidades de Quinteiro.

O maxistrado en excedencia remarcou que a súa petición é unha "opinión persoal" que desliga do seu papel como portavoz do grupo parlamentario. Deste xeito, argumentou que debe ser Quinteiro quen asuma "as responsabilidades" dos feitos nos que se viu involucrada e que, segundo Villares, supoñen "un uso indebido da súa condición de parlamentaria nun ámbito privado", o que vai en contra dos "valores" da formación rupturista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

4 Memory Persistent

Polo carallo arriba vai dimitir, esta como a Concha de Povisa e a Tola de Ourense ó grupo mixto a seguir pillando cacho.

3 carla

No BNG cabemos todos e todas. Deixade á estes oportunistas mateados e apoiade á fronte nacionalista.

1 Pondaliao

A río revolto... Penoso! Sodes pior ou máis do mesmo.

2 Urxe Beiras

É certo que se marcha a rotorista entraría Hermida? O único que nos pode salvar é a coherencia e a lucidez do Mestre Beiras. http://212.51.53.188/pdf/NAC-0043-0...

1 O BNG da ilusión

As portas do BNG continúan abertas. Canto máis tarden en caer na conta de que nunca deberon marchar, millor para todas. Fóra orgullos! O Bloque é agora a forza verdadeiramente representantiva da ilusión de mozos e maiores galegos nun futuro para Galiza. Recapacitade

1 José

A psilocibina de conxelador fai maghas nas neuronas.., anda ao xeito

2 unión nacionalista

deberían abrir as portas os compañeiros engaNados polos discursos "psicotrópicos" do vello -Vieiras, moita xente esta xa pedindo o fin do "inferno mareante" debense abrir as portas pero nunca deixar pasar a ma herba do -vieirista reanovante (e decir -vieiras e irma, o faimerrich, o ex-senador romano tirolinas, o escritor do palo de vigo, o ex-rag "comunista" o monteiro, a lidia chiripas a bruxa antivacinas a apócimas e outras tristes figuras mesnadas e zombis do vello, autenticas "masillas" do -Vieiras, os que deberían entrar xa e a xente de CxG e de outras organización nacionalistas, debe facerse leitura política dos acontecementos o que esta pasando en Catalunya, a marcha autoritaria do estado e o pp, outros tamen son comparsas tristes pe$oe, ademáis veñen as eleccions municipais... debe buscarse un.ha organización ou un.ha cooperacion das forzas patrióticas e nacionalistas, un.ha unidade de acción patriotica... Votar marea de podreiros e meter o pp no goberno

3 comunista independentista

Pero aínda existe o Bloque? Non quedaba só Paco Zarzuelas con catro vellos?