O presidente do Parlamento galego trasladará á mesa e á xunta de portavoces a rotura dunha foto do rei na Cámara

Miguel Ángel Santalices toma a decisión tras consultar aos servizos xurídicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2018 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira trasladará á mesa e á xunta de portavoces os feitos protagonizados este mércores polo deputado do BNG Luís Bará., quen rachou una fotografía do rei de España na Cámara galega. Santalices toma esta decisión tras consultar aos servizos xurídicos.

Luís Bará, no Parlamento
Luís Bará, no Parlamento | Fonte: Europa Press

En todo caso, o Parlamento de Galicia, a través dun comunicado, lembra que os deputados "están obrigados a respectar a orde, a cortesía e a disciplina parlamentarias", deber "compatible", segundo subliña, "coa liberdade de discurso dos membros da Cámara".

Tamén sinala que o artigo 105.1 "contempla a chamada á orde cando na Cámara se vertan conceptos ofensivos ao decoro desta, dos seus membros, das institucións do Estado ou de Galicia ou de calquera outra persona ou entidade".

Por todo iso, considera que "a destrución da imaxe fotográfica do xefe do Estado é unha conduta digna de reproche en sede parlamentaria e impropia dun membro desta Cámara".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Antinostrus

A Foto de que Rei era?: do Puteiro, do Preparado ou do de Copas??. Andarán por alí o Nostrus ou o Nexus recollendo os cachos coa Língua, seguro.....

1 Fuilco

Faltaba o Dorribo co Bazarra e o conselleiro BNG do billete da lotaría.

1 Antoniooooo

El bng caminando hacia su autodestrucción