Temas: BNG FELIPE VI

O presidente galego asocia o BNG con "actos integristas" e de violencia en Galicia

Vincula a esta formación con "actos violentos reivindicando a independencia de Galicia" onde se queiman fotos do rei e bandeiras españolas, a pesar de que moitos deles son convocados por plataformas como Causa Galiza ou Agora Galiza nos que non participa o Bloque.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2018 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tachou de "acto de puro integrismo, puro sectarismo" a rotura de fotos do rei Felipe VI levada a cabo polo deputado do BNG Luís Bará no Parlamento galego o mércores para reivindicar a liberdade de expresión, e alerta de que "iso posteriormente ten unha serie de actuacións e de repercusións de violencia illada, pero de episodios de violencia nalgunhas zonas de Galicia".

Queiman unha foto do rei e monarca de España, Felipe VI
Queiman unha foto do rei e monarca de España, Felipe VI

"Este tipo de provocacións son provocacións das que eu me avergoño como deputado, como galego e como presidente do Goberno", asegurou Núñez Feijóo a preguntas dos medios este xoves após o Consello da Xunta.

Cuestionado sobre a que se refire con eses "episodios de violencia", o presidente do Executivo autonómico asegurou que "hai queimas de bandeiras galegas nalgunhas prazas", "non é a primeira vez que ocorre", "hai actos reivindicando a independencia de Galicia, actos violentos". "Iso si, de forma absolutamente excepcional", di a  pesar de que moitos deles son convocados por plataformas como Causa Galiza ou Agora Galiza nos que non participa o Bloque.

"Afectan a unha porcentaxe absolutamente minoritaria da poboación galega, que parece ser que é o que quere representar ese deputado do BNG e o BNG no seu conxunto, porque non escoitei de momento, espero que si nas próximas horas, unha declaración dos responsables do BNG en relación coa actitude integrista dos deputados nacionalistas", arremeteu o presidente da Xunta. "Os galegos non somos así", sentenciou.

CARGA CONTRA BARÁ

"Non sei se alguén ten como deputado de cabeceira ao señor Rufián, pero, desde logo, os galegos ao señor Gabriel Rufián non o imos a imitar, lamentablemente hai un deputado que acaba de imitalo", deste xeito cargou Feijóo contra a actuación de Luís Bará no pleno.

Luís Bará rompe fotos del Rey en una sesión plenaria del Parlamento de Galicia
Luís Bará rompe fotos del Rey en una sesión plenaria del Parlamento de Galicia

A continuación, reflexiona sobre que, "se esa é a súa maior achega á política galega, é evidente que ese deputado non está nin sequera representando de forma correcta os seus escasos votos". "Levamos dous anos de lexislatura (...) e eu coñecín a este deputado, a súa actuación máis reveladora foi onte (polo mércores) cando rompeu a foto do xefe de Estado", reprochou Feijóo a Bará, polo que o sucedido "acredita, por tanto, quen é ese deputado".

ACTUACIÓN DO PARLAMENTO

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, encargou un informe aos servizos xurídicos despois da actuación de Luís Bará no pleno. Fontes parlamentarias confirmaron a Europa Press que, ademais, convocouse de urxencia á Mesa e á xunta de portavoces para analizar este venres tanto o informe xurídico encargado como o ocorrido na sesión plenaria.

A este respecto, Feijóo apuntou que a Cámara galega "actúa de forma absolutamente independente", polo que a el non lle corresponde "que vai facer o Parlamento" e "que vai facer a xunta de portavoces".

"Pero paréceme que unha actuación do calado político que tivo, do impacto que ten na sociedade, paréceme que os deputados deberían reflexionar e propor as accións que correspondan de acordo co regulamento e co resto do regulamento xurídico", concluíu.

Temas: BNG FELIPE VI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

7 pp=merderia

frijoles tanto e tanto por cu por expaña e a monoarquia da familia bobonica (o cancro) rematou por trastornarte os poucos miolos que tes, todos sabemos que é a política pepeira, aplicada durante 40 anos o servizo de expaña e a que esta levando a ruina o pobo e a Patria, Galiza estaría un milleiro de veces mellor fora de expaña - https://www.youtube.com/watch?v=KKv...

6 Cidadán

Aunque sea por descarte, Feijóo volverá a sacar nuevamente mayoría absoluta. Con esta oposición es imposible que los gallegos opten por otra cosa.

5 Poetarras

O criador do termo “Tis-che-tein”, Nom pujo nunca um pronome bem, Ele fala mal igual, galego e castelám. Com Gloria Lago fijo-se maior, Usando o idioma para as eleiçons, Arma política, sociolingüística. Decreto vai, decreto vem, Dialectos para el almacén, Em espanhol, ou em inglês, Pero em galego nom há rem. Enquisa vai, enquisa vem, Galego eu quero aprender, Pois isso já na casa de cadaquem. Ele vai com Marcial Dorado, num barco, amigo de um narco. O neno da aldeia, com défice de formaçom. Vai-te, que as tuas amizades nom som dos Peares, Estám em Madrid, Feijóo.

4 Estevo das Estivadas

Señor Feixóo, Bará tem presentado máis propostas nestes dous anos de lexislatura que vostede en toda a súa carreira política. Non minta.

3 José

Qué personaxe Feijoo! Un tipo que alcanzou a máis elevada sofisticación na praxe filosófica do cinismo. Pero ollo! porque vai como as avelaíñas ao lume. Pronto seguirá a Cifuentes.