O Goberno galego abandona 50.000 viviendas a medio construír

Concellos como o de Carral, Barreiros, Narón, Valdoviño, Monforte son algúns dos que mais están afectados por unha mala política urbanística segundo denuncia a socialista María Pierres.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2018 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

“A mala xestión urbanística que a Xunta aplicou e que permite deixar ao redor dunhas 50.000 unidades de vivendas sen rematar”. Foi a crítica que fixo a voceira de Urbanismo do PSdeG, María Pierres no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre a falla de medidas eficaces para o control e vixilancia das edificacións inacabadas en Galicia.

Concellos como o de Carral, Barreiros, Narón, Valdoviño, Monforte son algúns dos que mais están afectados por este abandono e que non teñen capacidade para poder levar a cabo accións legais. Por iso, a responsable socialista instou á Xunta a dotar aos concellos de medios técnicos, económicos e administrativos para que poidan exercer o cumprimento da lei e tomar a iniciativa fronte á quebra das firmas propietarias. Sinalou que

A lei do solo do 2016, no seu artigo 135, recolle de que “o deber de edificar inclúe o deber dos propietarios de rematar as edificacións para cuza execución obtiveron a preceptiva licenza”. Esta norma, dixo, “habilita á Administración de forzar a terminación das obras mediante multas coercitivas pero que en ningún caso están a facerse efectivas”.

BURBULLA INMOBILIARIA

Neste sentido, Pierres apuntou que esta situación deriva da “suma da burbulla inmobiliaria e da concesión de licenzas urbanísticas sen unha planificación axeitada”. A mala praxe urbanística, advertiu, “afecta principalmente os veciños e veciñas dos municipios que teñen que convivir con estruturas que son foco de abandono, lixo e inseguridade urbana”.

Puxo como exemplo o caso dunha edificación na vila de Carral, onde as lousas de pizarra dunha fachada de máis de 200 metros lineais, estanse a desprender sen que o  concello teña nin sequera ben delimitada e protexida a súa contorna, o que pon en serio perigo á cidadanía.

“Os principais prexudicados son aqueles pequenos investidores que non puideron ver terminadas as súas vivendas ou que cederon as súas parcelas a cambio dunha vivenda e que en ambos os casos quedan desamparados”, concluíu.

Outra urbanización en Barbadás abandonada
Outra urbanización en Barbadás abandonada

Urbanización A Carballeira de Oleiros tamén abandonada
Urbanización A Carballeira de Oleiros tamén abandonada
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 anonimo9042

Lo del GC contra Feijoó y sus colegas es de traca: cualquier cosa vale para criticar. El gobierno de Feijoó lo hará mejor o peor, pero no puede ser culpado de la burbuja inmobiliaria, ni tampoco de la quiebra de tantas promotoras inmobiliarias. España lleva viviendo una burbuja inmobiliaria desde, como poco, 1985: es el momento de la infame 'ley Boyer' y, sobre todo, cuando el precio de la vivienda comienza a incrementarse más que el IPC. Con Aznar y Zapatero la burbuja se llevó hasta el paroxismo, y tras el pinchazo parcial de ésta, Rajoy intenta reverdecer laureles. Esta ha sido la nefasta política económica española de las últimas décadas, y la responsabilidad única es del gobierno central.

1 Braisiño

Home, para lamebotas, pasteleo e NODO- PP subvencionado xa temos ao lamentable periodismo galego. Fai falla outro tipo de periodismo non atado ao poder. Un periodismo con ética e que cumpla o seu papel na sociedade.