En Marea celebra a disolución definitiva de ETA, froito do "traballo colectivo" do pobo vasco

"Supón a vitoria do pobo vasco en crear un novo espazo de relacións no que coexisten e e se respectan diferentes opcións política, todas lexítimas e todas democráticas", apunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2018 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

En Marea celebrou a disolución definitiva da banda terrorista ETA e asegurou que o seu desmantelamento é "froito do traballo colectivo" do pobo vasco por "unha resolución pacífica dos conflitos".

Comunicado de disolución de ETA
Comunicado de disolución de ETA | Fonte: ekin

"É resultado da aposta pola creación colectiva de novos marcos de convivencia, marcados polo recoñecemento do dano causado, a pacificación, a reconstrución e a reconciliación sociocomunitaria", manifestou a formación rupturista nun comunicado.

Para En Marea, o comunicado de ETA supón "a vitoria do pobo vasco en crear un novo espazo de relacións no que coexisten e se respectan diferentes opcións política, todas lexítimas e todas democráticas". "O diálogo e a negociación son sempre o camiño", sinala En Marea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Hemeroteco

El concejal de Cangas de Morrazo del Frente Popular Gallego (En Marea do Podreiros) Martín García Cordeiro participó en un mitin de Herri Batasuna y dijo, refiriéndose a la Guardia Civil, que "debían caer 25 diarios". Cordeiro, que participó en la noche del viernes en el mitin junto al miembro de la Mesa Nacional de HB Iñaki Aldekoa, afirmó que Cangas "ya dejó muy claro a la Guardia Civil tras la masacre que debían caer 25 diarios". . https://elpais.com/diario/1989/06/1...

1 LKI

1989. Moi actuais as hemerotecas do BeNeGá, si señor. Esa non era a época na que destacados líderes pacorrodriguistas acudían a diario ás comisarías/cuarteis a delatar independentisatas galegos? Sempre fostes uns madeiros frustrados. Pero agora madeiros_2.0, sinalando á xente nas redes sen vos erguer do sillón.

2 anonimo

¿ Pero ETA non era a vanguardia do pobo vasco ? ¿ Non eran eles os auténticos representantes do pobo ? ¿ Non defendían os intereses populares ?

1 circulo vieirista

o xuiz villano non sabe que facer para sair na foto ou incluso na fotocopia, anque sexa desta xente "etarra", debe ser que non ten suficiente o escandalo que se ten entre mareados e podreiros, outra mostra mais de mal gusto por parte dun órgano, a chamada "marea" que emite comunicados políticos que incluso transcenden o ámbito galego, simplemente para facerlle a puñeta a podreiros, posto que iste partido esta descabezado e sin ningún dirixente que valga algo (a execpcion dos artistas, xa saben a gamberra da noite, a outra do accidente e o inxenieiro inventor da polvora) OUTRA MOSTRA MAIS DA LAMENTABLE!!!! (COMUNICADO DO CIRCULO OSOS DO SANTO HERETICO DE SANTI AGE DE COMPOÑENDAS)

1 LKI

Gonzalo, a medicación.