Temas: INCENDIOS

Comeza o período de lumes en Galicia

Dous lumes en Guntín (Lugo) e Vila de Cruces (Pontevedra) deixan máis de 78 hectáreas arrasadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2018 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Maio e xa comezaron os grandes lumes. Logo dunha semana de calor dous grandes lumes, xa estinguidos, afectaron aos municipios de Vila de Cruces (Pontevedra) e Guntín (Lugo). Os dous incendios forestais rexistrados o luns pola tarde queimaron máis de 78 hectáreas.

Incendio en Guntín
Incendio en Guntín

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, ás 1,55 horas deste martes quedou extinguido o lume declarado na parroquia de Toiriz, no municipio pontevedrés de Vila de Cruces.

Este lume forestal comezou ás 18,39 horas do luns e queimou unha superficie de 30 hectáreas de monte arborado. Para extinguir este incendio foron mobilizados oito axentes, 15 brigadas, seis motobombas, unha pa e catro helicópteros.

Pola súa banda, o incendio de Guntín iniciouse ás 15,51 horas do luns na parroquia de Ferreira de Pallares e quedou extinguido ás 22,41 horas da mesma xornada após arrasar 48,72 hectáreas, delas 12 de monte arborado e 36,72 de raso, puntualizou Medio Rural.

Na extinción deste incendio forestal participaron catro axentes, 10 brigadas, cinco motobombas e dous helicópteros, indicou o departamento de Medio Rural.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arturo

A culpa será sempre da política forestal da xunta. Non de quen os prende. Eso, xamais.