Coñece os lugares de Galicia que aumentarán as visitas turísticas tras a serie Fariña

Unha das series de máis éxito dos últimos tempos –e tamén a máis comentada a nivel político-- rematou a pasada semana. Non sen antes poñer de moda certos lugares de Galicia onde se rodaron a maior parte das escenas.

Por Galicia Confidencial | Arousa | 14/05/2018 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Cun reparto composto por moitos dos mellores actores do país, como Manuel Lourenzo, Antonio Durán “Morris”, Carlos Blanco, Monti Castiñeiras, Alfonso Agra entre moitos outros, Fariña  chegou a superar un rotundo 21% do share e preto de un de cada dous espectadores da televisión en Galicia na noite dos mércores.

Vista da Ría da Arousa
Vista da Ría da Arousa | Fonte: Turgalicia

Sito Miñancos, Manuel Charlín, Laureano Oubiña xa non són persoaxes das páxinas de sucesos de Galicia. Deron o salto ao resto do Estado e, con eles escenarios naturais e monumentos das rías de Arousa, Noia e Pontevedra convertéronse tamén, en actores protagonistas desta cinta audiovisual. Estes son os algúns dos monumentos históricos e naturais protagonistas da serie segundo recolle o portal especializado Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta