SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2018 | Actualizada ás 13:15 por EUROPA PRESS
O dono dunha pirotecnia de Tui detido o mércores após a explosión dun lugar onde se almacenaba de forma ilegal material pirotécnico procedeu a prestar declaración este xoves na Comandancia da Guardia Civil de Pontevedra.
Segundo informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, o detido prestouse a declarar após pasar a noite do mércores en dependencias da Comandancia de Pontevedra.
Os investigadores impútanlle os delitos de homicidio imprudente, estragos e danos por imprudencia debido a esta explosión na que se rexistraron dúas vítimas mortais e 37 feridos.
A Guardia Civil prosegue a súa investigación após a recollida de mostras na zona da explosión e coa toma de declaración do detido.
DENUNCIAS ANTERIORES
O home arrestado conta con denuncias administrativas anteriores relacionadas coa pirotecnia da que é propietario, La Gallega, situada en Tui, explicaron as mesmas fontes.
A Guardia Civil detivo a este home o mércores pola súa vinculación coa explosión na tarde do mércores de material pirotécnico almacenado de forma ilegal na parroquia tudense de Paramos que, ademais das vítimas mortais e feridos, causou severos danos materiais.
O home é dono da empresa de pirotecnia La Gallega situada en Baldráns, a poucos quilómetros da vivenda onde se rexistrou a explosión. Foi detido por ter almacenado de forma ilegal material pirotécnico nunha vivenda en Paramos.
O Xulgado de Instrución número 1 de Tui, en funcións de garda, fíxose cargo da investigación e a cuxa disposición será posto o arrestado cando sexa requirido pola autoridade xudicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.