Temas: XUNTA FOLGA

CSIF considera a folga para aumentar salarios na administración xeral

Acusa ao Goberno Feijóo de ser "o que peor tratou" aos funcionarios e reclámalle negociar fronte á "discriminación" respecto doutras CC.AA.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2018 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

CSIF non descarta ningunha medida de reivindicación, incluída a convocatoria de folga, para conseguir unha mellora salarial para os funcionarios da administración xeral en Galicia, aquel funcionariado das consellerías. Serían melloras salariais como as que negocian os empregados públicos da sanidade, a xustiza e a educación na comunidade.

José Brunete, á dereita (CSIF)
José Brunete, á dereita (CSIF) | Fonte: Europa Press

O portavoz do sindicato, José Brunete, espuxo este venres os datos dun estudo comparativo que realizou a organización para denunciar "brutais diferenzas salariais" entre autonomías. Esta "fenda salarial" sitúaa en até un 53,8% para os funcionarios do grupo A (en comparación con País Vasco), nun 42% para os do grupo A2 (respecto de Navarra), nun 35,24% para o grupo C1 e nun 34,43% para o C2 (tamén en relación con Navarra).

Admitindo que o poder adquisitivo difire en cada territorio, Brunete denunciou "discriminación", posto que pode "entender" que en Euskadi, por exemplo, se apliquen unhas "diferenzas compensatorias", pero "en ningún caso" o nivel de vida alí é, ao seu xuízo, un 53,8% superior ao de Galicia. Ademais, chamou a atención sobre que o estudo comparativo de CSIF tamén sitúa as retribucións dos funcionarios galegos por baixo doutras autonomías como Andalucía, Asturias e Estremadura.

"URXENTE"

Ante esto, e fronte á acusación de que "o Goberno de Feijóo foi o que peor tratou aos seus funcionarios", por uns recortes que "tamén afectaron as retribucións complementarias", Brunete esixiu á Consellería de Facenda que convoque "de forma urxente" a mesa de negociación para o inicio das negociacións.

Como CC.OO., que este xoves informou de que enviara unha carta a Facenda pedindo precisamente esta mesa de negociación, CSIF pedirá a semana que vén a súa constitución, e daralle un prazo de "unha semana ou dez días" para que lles convoque. "Imaxino que ningún sindicato se vai a opor a isto", valorou o portavoz.

Entre outros datos, cifrou en 3.500 euros por funcionario o "furto" pola supresión das extras entre 2013 e 2016 e censurou igualmente que 42 millóns, segundo os seus cálculos, foron "furtados" do fondo de acción social, que equiparou cun "salario diferido" dos empregados públicos e que "se lle subtraeu este catro anos".

Nestes números xustificou o inicio dunha "campaña de equiparación salarial" que propón desde unha recollida de firmas até levar ao debate público estas demandas durante "cantas eleccións haxa".

Temas: XUNTA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta