Temas: VIOLACIóN POIO

Detidos dous homes por violar a unha muller no poboado do Vao, en Poio

Dous membros da familia dun dos agresores foron arrestados tamén por ameazar e agredir á vítima para que non denunciase.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/05/2018 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Guardia Civil detivo a dous individuos como presuntos autores dunha agresión sexual cometida a semana pasada no poboado do Vao, no municipio de Poio (Pontevedra), así como a dous membros da familia dun dos agresores por ameazar e agredir á vítima para que non presentase denuncia.

Poboado de O Vao, en Poio
Poboado de O Vao, en Poio | Fonte: Pontevedra Viva

Segundo informou o Instituto Armado, pola agresión sexual foron detidos un veciño do mesmo barrio do Vao de 50 anos de idade e outro home de 34 anos con domicilio en Pontevedra. Os feitos, segundo o relato da vítima, sucederon a semana pasada cando regresaba a pé ao poboado e foi abordada por dous individuos que a levaron pola forza cara a unha zona de monte próxima ao domicilio dun dos agresores, onde foi agredida sexualmente polos dous, que lle taparon a boca "para silenciar os berros de auxilio", concretou a Benemérita.

Pola súa banda, o centro médico que atendeu á vítima informou de que as lesións que presentaba en distintas partes do corpo "eran compatibles co relato dos feitos que denunciaba", abundaron as mesmas fontes.

A información achegada pola vítima facilitou a "inmediata identificación dos dous presuntos agresores", destaca o Instituto Armado, os que, "ao ter coñecemento de que se estaban buscando, ausentáronse dos seus domicilios dificultando en principio a súa localización".

Posteriormente e por mor das xestións que se realizaron na contorna familiar, pasados tres días acudíronse voluntariamente nas dependencias do Posto da Guardia Civil de Pontevedra, onde foron detidos como presuntos autores dun delito de agresión sexual con acceso carnal.

Os dous detidos, xunto coas dilixencias instruídas, foron postos a disposición do xulgado de Instrución de garda de Pontevedra, que decretou a liberdade provisional con cargos dos dous, cunha orde de afastamento da vítima.

INTIMIDACIÓN

No marco desta investigación, levada a cabo por efectivos do Posto de Pontevedra e do Equipo de Policía Xudicial da Guardia Civil de Cangas, procedeuse tamén á detención de dous membros da familia dun dos agresores acusados dun delito de obstrución á xustiza.

Estes dous familiares, subliña a Benemérita, "ameazaron e agrediron fisicamente á vítima da agresión sexual, co obxecto de intimidala para que non presentase ningunha denuncia".

Nese caso, os detidos quedaron en liberdade unha vez que prestaron declaración nas dependencias da Guardia Civil, coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexan citados.

Temas: VIOLACIóN POIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Recordatorio

¿Xitanos? Non veredes unha progri-feminista manifestándose.