Temas: BEIRAS

Beiras xa ten a súa propia fundación de ideas aos 82 anos

O Obradoiro de Ideas de Láncara nace para promover a cultura republicana e estudará as experiencias emancipadoras en todo o mundo. Contará coa presencia do ex deputado da CUP David Fernández.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2018 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O veterano dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, cofundador do BNG --formación que abandonou en 2012-- e que logo promoveu a fundación de Anova, presidirá 'Obradoiro de Ideas Láncara', un laboratorio de ideas que nace ao redor da súa figura e que promoverá a cultura republicana e estudará as experiencias emancipadoras en todo o mundo.

Xosé Manuel Beiras, en declaracións aos medios
Xosé Manuel Beiras, en declaracións aos medios | Fonte: Europa Press

A presentación desta fundación terá lugar este martes ás 19,00 horas na facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e contará coa participación do exdiputado da CUP David Fernández.

Nunha primeira parte do acto, Antía Comesaña fará unha intervención explicando os obxectivos que busca Láncara, un nome que fai referencia ao histórico discurso do político nacionalista pronunciado nesa localidade en outubro de 2005 e que serviu de base para unha nova corrente política que acabou co denominado 'Novo proxecto común' e á súa saída do BNG.

Case 13 anos despois daquel discurso, que tivo lugar cando recollía o Premio Ramón Piñeiro 'Facer País', Beiras, que deixou a primeira liña da dirección política, presidirá esta entidade que, como el mesmo explicará na súa presentación, servirá tamén para analizar o momento político actual, no que "se recortan dereitos e o Réxime do 78 avanza no seu xiro autoritario e represivo".

No acto, David Fernández fará unha lectura desde a posición da esquerda independentista catalá sobre o momento actual que vive nestes momentos Cataluña, coa aplicación do artigo 155, e do momento que vive o proceso soberanista despois do 1 de outubro e das eleccións do 21 de decembro.

UNIDADE POPULAR

"Quen son eu en realidade? E que son ou levo sido?", comezaba aquel discurso que dá lugar agora a este laboratorio de ideas, que empeza a andar nun momento no que a unidade popular en Galicia, que el mesmo impulsou e levouno a presentarse de novo a unhas eleccións autonómicas (con Alternativa Galega de Esquerda en 2012), volve estar baixo a lupa dunha reformulación pola crise interna de En Marea.

Beiras, que é membro da dirección do partido rupturista, mantívose á marxe da polémica interna aberta despois de que se coñecese que a deputada Paula Quinteiro se vira envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago o 18 de marzo. Con todo, cando transcendeu a noticia manifestouse partidario de que a parlamentaria deixase o escano.

Temas: BEIRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

3 sermos mantidos

Beiras rupturista? Neno mimado polo piñeirismo e Galaxia, educado na élite para estar na cúpula, negado para a política real nun primeiro intento, o elitista fai de títere servil da UPG para despois de descartado montar un cisma que atoxustifique o seu enorme ego, resultado final: un fracaso e a entrega a Madrid dunha parte do soberanismo galego. Moi coherente o nome de Láncara, pois Beiras é o Piñeiro que fai a transición do século XX so XXI, desta vez para beneficio do PcE (chánese IU ou Podemos), como antes foi o PsoE. Ridículo que un membro das CUP se preste a esta pantomima.

1 La pastillita loqui

aber cuando montas tu una fundacion Louzán loquito

2 Loisinc

Pouca vergoña, agora vai de independentista tras unirse a IU e Podemos. Os seus ídolos, CUP e Bildu, xamáis farían tal. E agora vén o da CUP a lexitimar o discurso deste autonomista convencido e republicano español. Sr Beiras, o seu crédito rematou. Epílogo ben triste a unha traxectoria con máis sombras ca luces

1 anonimo

Onde hay vida hay ESPERANZA...