Temas: BEIRAS

Beiras xa ten a súa propia fundación de ideas aos 82 anos

O Obradoiro de Ideas de Láncara nace para promover a cultura republicana e estudará as experiencias emancipadoras en todo o mundo. Contará coa presencia do ex deputado da CUP David Fernández.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2018 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O veterano dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, cofundador do BNG --formación que abandonou en 2012-- e que logo promoveu a fundación de Anova, presidirá 'Obradoiro de Ideas Láncara', un laboratorio de ideas que nace ao redor da súa figura e que promoverá a cultura republicana e estudará as experiencias emancipadoras en todo o mundo.

Xosé Manuel Beiras, en declaracións aos medios
Xosé Manuel Beiras, en declaracións aos medios | Fonte: Europa Press

A presentación desta fundación terá lugar este martes ás 19,00 horas na facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e contará coa participación do exdiputado da CUP David Fernández.

Nunha primeira parte do acto, Antía Comesaña fará unha intervención explicando os obxectivos que busca Láncara, un nome que fai referencia ao histórico discurso do político nacionalista pronunciado nesa localidade en outubro de 2005 e que serviu de base para unha nova corrente política que acabou co denominado 'Novo proxecto común' e á súa saída do BNG.

Case 13 anos despois daquel discurso, que tivo lugar cando recollía o Premio Ramón Piñeiro 'Facer País', Beiras, que deixou a primeira liña da dirección política, presidirá esta entidade que, como el mesmo explicará na súa presentación, servirá tamén para analizar o momento político actual, no que "se recortan dereitos e o Réxime do 78 avanza no seu xiro autoritario e represivo".

No acto, David Fernández fará unha lectura desde a posición da esquerda independentista catalá sobre o momento actual que vive nestes momentos Cataluña, coa aplicación do artigo 155, e do momento que vive o proceso soberanista despois do 1 de outubro e das eleccións do 21 de decembro.

UNIDADE POPULAR

"Quen son eu en realidade? E que son ou levo sido?", comezaba aquel discurso que dá lugar agora a este laboratorio de ideas, que empeza a andar nun momento no que a unidade popular en Galicia, que el mesmo impulsou e levouno a presentarse de novo a unhas eleccións autonómicas (con Alternativa Galega de Esquerda en 2012), volve estar baixo a lupa dunha reformulación pola crise interna de En Marea.

Beiras, que é membro da dirección do partido rupturista, mantívose á marxe da polémica interna aberta despois de que se coñecese que a deputada Paula Quinteiro se vira envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago o 18 de marzo. Con todo, cando transcendeu a noticia manifestouse partidario de que a parlamentaria deixase o escano.

Temas: BEIRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

13 Galiza sempre

Galiza sempre, Bautista Álvarez etc

12 Venancio

cos 17 deputados de PODEMOS na Xunta ganaches un mundo. Pero perdiches un país que te idolatraba. Agora só che quedan uns poucos cativos da xeración máis insolidaria e individualista da que hai noticia. Seino. Non o intúo. Podiamola chamar XERACIÓN ONG . Mágoa Beiras. Tinhas bos amigos. Agora só tes cativos que non saben o que é a amizade máis a solidariedade.

1 Hal

Venancio, que pouco sabes da vida.

11 Preacher Man

Moi boa idea, poden empezar por escribir un informe titulado 1.000 maneiras de estragar unha formación política para que non chegue a ningures.

10 Ulrike M

Moi boa idea. Facía falla en Galicia un think tank independentista.

1 M. Monge

Independentista si, pero dentro da "nación de naciones" de Podemos. E como comunista tamén aspira a que todos os galegos teñamos pazo ou chalet na serra, con piscina e casa para convidados, loxicamente polo tamaño precisa contar con persoal de servizo (chachas, domésticas e criados din na dereita, aquí os progres imos chamarlles colaboradores), e marcar casta levando aos menos a un colexio de élite (público si, pero hai que ter chalet na serra para ser veciño e ter dereito a matrícula, que en Vallecas van os fillos da servidume). Imolo pillando.

9 Protectorado

Claro, e os herdeiros serán patronos a soldo da fundación. E non pagarán un can. Solidariedade de esquerdas.

1 comunista independentista

Non é unha fundación, é un laboratorio de ideas. Anova non necesita montar fundacións nin chiringuitos similares, por que non ten necedidade de manter a centos de parásitos sen oficio nin aos seus fillos como acontece noutros partidos.