Monte Seixo, o olimpo celta de Galicia

Hai un monte en Galicia onde as pedras falan e o vento chora. É un lugar onde conviven os mouros, as bestas, menhires e santuarios sagrados. Un monte mítico, un santuario celta, onde ían e aínda van os veciños de Cerdedo a falar cos seus mortos.

Por Xurxo Salgado | Monte Seixo, Cerdedo | 14/03/2011 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Carlos Solla, o neto de Isolina da Raposeira, é o bardo deste espazo mítico; o Monte Seixo, no concello de Cerdedo. Un lugar máxico que garda historias lonxanas de mouras de loiros cabelos, do rato rabisaco e de galiñas de pitos de ouro.

Todo no Monte Seixo ten un por que. As pedras falan cos vivos e os vivos cos mortos. O vento xoga e marca o tempo do máis alá. Solla asegura que o monte todo é un espazo mítico no que cada elemento xoga o seu papel; hai unha cadeira para o rei, un altar de pedra, un camiño de pitas e mouros, castros, un menhir que divide lugares e tempos e un chan con tres lagoas e mámoas que delimitan espazos fantásticos onde o real se mestura co fantástico.

Pero, sen dúbida, se algo marca todo este lugar cargado de simbolismo é Portalén, a porta ao mundo dos mortos. Un conxunto pétreo que se abre a través dunha porta simbólica de pedra. As xentes do lugar atribúenlle poderes de verdadeiro oráculo, ademais de porta dimensional. "Segundo a crenza, esta porta permite o paso ó reino dos mortos, á terra dos defuntos", sinala Solla con quen percorremos este espazo acompañados polo profesor Manuel Gago e o arqueólogo André Pena Graña.

"Experiencias persoais que non se poden contar"


Para que os vivos poidan falar cos mortos, hai que cruzar Portalén de leste a oeste e regresar ó noso mundo desandando os pasos e nunca saíndo do espazo ritual, pois do contrario a alma da persoa quedaría atrapada no outro lado. No lado dos defuntos. Pero para falar con eles, os vivos teñen que levarlle unha pequena ofrenda en forma de pan, viño ou candeas. "O que cada un vive aí son experiencias persoais que non se deben contar. Aquel que as revele queda rouco de voz para a fin dos días", suliña Solla, que ten escrito varios libros sobre a mitoloxía deste lugar.

None


Decidimos atravesar Portalén por primeira vez. Ceremoniosos, reflexivos e mesmo temerosos do que imos atopar no Máis alá. Acompañanos o bardo Solla, que dirixe o ritual. Primeiro imos cara a pía natural para lavarnos coas súas augas que, segundo a tradición popular, son medicinais. E logo damos a volta a todo o conxunto pétreo por unha especie de deambulatorio, perfectamente delimitado entre as fendas da rocha, para saír polo mesmo lugar polo que entramos. Miramonos... Queremos saber que sentimos pero preferimos non falar. O que cadaquén falou cos seus mortos ten que quedar en segredo. É a lei do santuario.


Nós cruzamos Portalén en marzo, pero é no mes de Santos, especialmente na antiga festividade céltica do Samaín --do 31 de outubro ao 1 de novembro--, cando a xente da contorna subía ao Monte Seixo para cumprir coa tradición e falar cos seus mortos. Nesa noite é cando os dous mundos, o dos vivos e o dos mortos, están máis preto e o contacto cos do Alén é máis efectivo.

Un marco para parar o vento

Xusto ao pé de Portalén atópase "A legua do Santo", un espazo no que en épocas antigas se celebraba unha feira vinculada ao horáculo pétreo e que está delimitado por un enorme menhir de 6 metros de alto. É o chamado "Marco do vento", onde "chegan e dan volta todos os ventos". Precisamente, esta pedra fincada marca o límite natural de catro freguesías da comarca.

O "ara solis"

O Monte Seixo tamén ten outro espazo sagrado ao que só van os vivos para rendirlle tributo aos mortos e pedir por boas colleitas. É "A cruz do Seixo", un pequeno santuario cun altar de pedra no que, aínda hoxe, se segue a dar misa. Unha auténtica "ara solis", hoxe cristianizada. Segundo conta Solla, a pequena cavidade sobre a que está a cruz "contén unha grande acumulación de enerxía telúrica".

Cada 25 de xullo os veciños soben o Santo Antón e diante do altar e da cruz, o cura bendí as terras e pide a intervención divina para garantir un clima propicio para as boas colleitas. Se a intervención non é adecuada, os veciños emprenden o camiño de volta co santo cabeza abaixo no caso de que a súa intervención non fose a adecuada.

Seres míticos

Pero, ademais de cruces, altares e santuarios, o Monte Seixo garda, tamén, seres míticos. "No Castro ghrande, no interior da Oca Peneda, baixo tella e viga de ouro, están a moura de loiros cabelos, o rato rabisaco e a ghaliña dos pitos de ouro", conta Carlos Solla. Paramos onde a pedra da moura para "medirnos". Se a pedra coincide coa estatura dun, pouco hai que facer. "Quedas preso polo meigallo da moura". E non é mentira. A moura de cabelos louros tomou forma humana para atrapar a máis dun que, ousadamente, se mediu na pedra encantada e daba perfectamente a talla.

A este espazo simbólico se chega por unha especie de camiño labrado no chan e rodeado de fitas de pedra caídas. "Isto chámase 'As pedras guiadas' e éra un camiño de pedras que ía desde o Castro ata o chan de mamas". Un auténtico aliñamento de pedras de case 500 metros que remata noutro espazo fantástico que ben podería ser parte do mundo máxico del Tolkein.

None

Aliñamentos de pedras

Nese "chan", hai varias mámoas aliñadas e tres lagoas míticas; a Laghoa Pequena ou Laghoa da Muller Morta, Laghoa Media e a Laghoa Grande. E coronando o conxunto, a "Pedra Mosqueira", á que acuden as bestas en peregrinaxe durante o verán para buscar ventos frescos. Un feito tan curioso e inexplicable que mesmo foi recollido polo Padre Sarmiento.

No Monte do Seixo tamén está o "almatraque da Pilocha" no que está a moura papahomes; a cadeira do rei, perfectamente labrada na pedra e de onde se divisa toda a Ría de Pontevedra ou a Pedra da Cama, onde ían probar xeitos e formas os matrimonios da vila. De feito, aos pés desta pedra atopouse xaspe vermello, unha rocha vinculada á fertilidade. E como non podía faltar en todo este espazo mítico, tamén hai unha vila asolagada, a de Trentinán, coas súas mouras e pedras faladoras.


Feridas de morte

Hoxe toda esta mitoloxía está ferida de morte. Unha gran navallada de muiños de vento corta e divide en múltiples anacos todo o monte, danando irreparablemente a concepción mítica que os veciños tiñan do lugar. De feito, desde que instalaron o parque eólico, a comezos deste século, moitos deixaron de subir. E non é para menos. Segundo reza unha dito popular "o día que o Monte do Seixo estea sementado de estradas e os homes cheguen a lúa, será a fin do mundo". "E senón, que llelo pregunten a Josefa, cando veu da emigración e viu o estado actual da serra, estivo tres meses enferma a punto de morrer de pena", lembra Carlos.

Menos mal que aínda quedan bardos coma el para evitar que este Olimpo Celta desapareza entre ventos de diñeiro e políticas de papel.

None
None
None
None
None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

17 enrico calzolari

ritengo che si tratti di area megalitica pre-celta. Vedere : www3.shiny.it/caprione www.paleoastronomia.com www.enricocalzolari.it soprattutto: - il trilite di Niolu (Corsica) - il trilite di Signal de Randon (Massif central - Francia) - il tetralite di San Lorenzo al Caprione (Liguria orientale) Portalen come è orientata?

16 Manuel

Carlos Solla é o gañador do premio Johán Carballeira de Poesía deste ano. Felicidades bardo do Seixo.

1 Lema

Moi boa ponencia de Solla no congreso celta de Narón, moi clariña, didáctica e reivindicativa como prometera.

15 CranioF

A ver, Iria, Fato e os demáis que me tedes posto por ignorante: Teño nas miñas mans un libro de Historia de Galicia de edicións A Nosa Terra. Os autores parecen pouco sospeitosos de antinacionalismo. Ben. Nas páxinas 33 e 34 quedan moitas cousas claras. Non as argumento aquí pa non facer un mega-post. Vaia un anaco de exemplo: "no Norte de Portugal ninguén entende nada (sobre "castros celtas") porque alí nunca se falou de celtas; os castros, idénticos aos nosos, son lusitanos, pois eles non tiveron un Verea nin un Pondal que os confundise". Outra: "a nosa cultura material (a cultura castrexa) en nada se asemella á das zonas celtas europeas...".

1 Iria

Confirmado. Ti non es celta, ti, simplesmente, es un nacionalista galego inculto (cousa, afortunadamente, pouco corrente, agás ti e Calo Lourido e algún que outro mamífero que só usa unha neurona por pura nugalla ou simples "non dou máis"...). Y punto...

2 CranioF

Xusto, eu non son celta. Ou non máis que os sorianos de Numancia, ou os padanos do norte de Italia, ou gran parte dos franceses. Fíxate: tamén son íbero, romano (sobre todo ésto), suevo, e un pouco árabe e xudéu. Qué cousas. Pero nacionalista??. Cre o ladrón que todos son da súa condición. Saúdiños.

3 Iria

perdón, ti es nazi-arabista... jajaja

4 CantoFato

Guau, CranioF, séguesme a sorprender! Un libro de historia de Galicia... de edicións A Nosa Terra... mmmm... creo que xa adiviño o título e mais o autor... mmmm... E mesmo recoñezo a cita. E si, é o mesmo libro e o mesmo autor que vides citando recorrentemente os "celtófobos" durante as dúas últimas décadas. Parece que desde aquela nada se fixo nin nada se investigou nin nada se descubriu, non hai nada (seica) que obrigue a reformular os contidos dese libro e dese autor (contidos que, a ver se o dicimos claro, seguen cada vez menos expertos, por simple sentido común). Tanto ten: con ese libriño xa o tedes todo resolto. Ninguén vos chama ignorantes; sodes vós os que vos esforzades en quedar como tal.

5 CantoFato

E despois outra cousa (e isto vai pra moit@s dos que aquí escriben), esa asociación celtismo/nacionalismo é tan burda e correspóndese tan pouco coa realidade que non merece nin ser comentada. Sobre todo porque moitos nacionalistas "fetén" (destes do "nacionalismo institucional") gastan uns niveis de celtofobia calolouridesca digna de atención médica. Eu sigo sen entender por que, por motivos puramente ideolóxicos herdados duns esquemas epistemolóxicos ultrapasados, hai xente que segue a obviar e mesmo a odiar unha parte máis da nosa historia, a cultura (céltica) castrexa, tan digna como a herdanza sueva, a árabe e, por suposto, a romana. Insisto: ler máis e esbardallar menos.

6 Iria

Sempre e inevitavelmente todos nós subestimamos o número de indivíduos estúpidos em circulação em todo o mundo... CranioF non ten espellos na casa (pero ten un libro!). Que mal o tes que pasar vivindo no berce da Celtia... jajaja

7 CantoFato

Conste que, na miña opinión, é evidente que a cultura celta non é un factor diferencial de Galiza (tampouco o é a romana, por suposto). O que é peculiar de Galiza foi o xeito en que o celtismo se reelaborou como discurso cultural de autoafirmación desde o s. XIX, até o ponto de estar xa integrado no imaxinario colectivo como unha referencia máis e permitir o noso achegamento a outras culturas (nomeadamente as do Arco Atlántico) que fixeron reelaboracións similares e coas que compartimos miles de anos de contactos, de circunstancias históricas, sociais e xeográficas similares etc. Isto (distinguir o touciño da velocidade, o que foron as cousas e o que son) é algo ben sinxelo, mais moitos parecen non saber facelo, ou só esquecen como se fai cando aparecen os "celtas" en escena e se obcecan.

8 Ten carallo a cousa

O Senen da Touza sempre nos dixo que os celtas eran de Valladoliz. Un bisabuelo meu fumaba celtas, que seica fabricaban en Valladoliz.

9 Ten carallo a cousa

O Senen da Touza sempre nos dixo que os celtas eran de Valladoliz. Meu bisabuelo fumaba celtas, que seica os fabricaban en Valladolid.

14 Black Crow

Para los nacionalistas todo monte gallego sin árboles y con grandes piedras es un Olimpo Celta.

1 CranioF

Recordas aquela canción de Os Resentidos: "Xa están aquí, tan celtas coma tí...", qué falta fai a ironía de Antón Reixa.

2 Alice Cooper

Para os españolistas fascistas todo o son planicies cerealistas resecas, sen xente e sen alma. Por favor Black Crow vaite a Espanha e non volvas nunca. Ou mellor cava un burato e métete dentro, farás un favor ao mundo e a ti mismo

13 Marcos

O Pindo aspira a ser un parque natural cheo de aeroxeradores. Só falta que os poñan en Cíes. Este país dá pena e a discusión á que deu pé a noticia do monte Seixo está á altura do país. Meus avós son de Terra de Montes e o monte Seixo é, xunto co Pindo e outros moitos lugares de Galicia, un lugar fantástico agora arrasado por Gamesa. Esta debera ser a discusión. Mooooooito ánimo para o cidadán Carlos Solla.