Temas: TUI PIROTECNIA

O delegado do Goberno nega fallos de vixilancia sobre as pirotecnias

Santiago Villanueva, defendeu a vixilancia que se exerce sobre as empresas de pirotecnia en Galicia: "O que podes controlar é o que está declarado e unha actividade ilegal non pode estar controlada, porque no momento detectado, sería clausurado e sería detida a persona responsable".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2018 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

En declaracións aos medios este mércores, Santiago Villanueva lembrou as últimas informacións relativas á explosión dun almacén ilegal en Tui, cuxo propietario, dono tamén dunha empresa de pirotecnia, foi enviado a prisión sen fianza este martes após ser detido por segunda vez ao ser descubertos outros almacéns irregulares.

Santiago Villanueva, delegado do Goberno en Galicia
Santiago Villanueva, delegado do Goberno en Galicia | Fonte: Europa Press

Villanueva mencionou que había máis de mil quilos de material explosivo no almacén e non unicamente material inerte. Ademais, atribuíu á investigación aberta pola Garda Civil a raíz do suceso, que cobrou dúas vidas, o feito de que se "detectaron" outros dous almacéns ilegais con máis de 1.600-1.700 quilos de material explosivo.

O delegado do Goberno, que volveu a apelar á colaboración cidadá sobre o coñecemento que poida ter sobre almacenamentos con explosivos, defendeu que as empresas de pirotecnia están "moi reguladas" e contan cunha normativa que implica "unha chea dean controis: de almacenamento, manipulación, acceso, venda e medidas de seguridade".

Dito isto, lembrou que se iniciou unha revisión de todas as instalacións, que se fan de forma ordinaria, e desexou que "non se volva a producir" unha situación como a vivida a semana pasada no municipio pontevedrés. "A partir de aí, seguiremos traballando por que se continúe a investigación, por se se detecta algún outro almacenamento", apuntou.

NEGA QUE HOUBESE FALLOS EN CONTROIS

Ademais de agradecer á Garda Civil o seu labor, Villanueva negou que houbese fallo nos controis. "Non, porque o que se controla por parte da Garda Civil son as instalacións legais", sinalou, antes de lembrar que Galicia conta con numerosos núcleos de poboación e pode almacenarse de forma irregular este material en "calquera garaxe ou galpón". Villanueva defendeu que os controis se realizan como "en calquera ámbito de actuación" --como o sanitario-- e insistiu en que "unha actividade ilegal non pode estar controlada" per se.

Temas: TUI PIROTECNIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta