Os kalekoi, a historia e o presente de Galicia en debuxos animados

Noiseu Producións acaba de iniciar unha serie de debuxos animados sobre un pobo "celta-galego" que se enfronta aos viquingos.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 17/03/2011 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

"O meu nome é Xan. O meu pobo foi saqueado, unha vez máis polos vikingos. Eu puiden fuxir caghando mistos, mais perdinme polas fragas e no medio do monte topei un poboado alleo a todo. Eles eran os kalekoi". Así comeza o primeiro capítulo, "Misión en Catoira", desta serie que xa se pode ver en internet.

Os kalekoi narra a historia dun pobo oculto no que viven "celta-galegos", personaxes que representan o presente e o pasado de Galicia e que caricaturizan situacións cotiás como o gusto dos galegos pola comida, polo viño ou polos licores. De feito, o nome da serie alude á denominación que xa tiñan os galegos cando chegaron os romanos.

Bos e malos

Esta serie de animación conta con 15 personaxes. Os bos son os galegos e os malos son os viquingos. Así, atopamos guerreiros, labregos, meigas, bruxos, loitadores e loitadoras, brutalláns e neofalantes. Tamén hai unha versión en castelán de traducción moi libre.

None

Web

A empresa Noiseu está detrás desta serie que xa conta cunha web na que se poden ver os personaxes, descargar fondos de escritorio e mercar produtos, ademais de ver os capítulos.

Ademais dispón dun apartado "diversións" nos que o usuario pode xogar distintos xogos: "A queimada máxica de Aramiña", "Preguntalle á meiga Aramiña", "As rudas máxicas vikingas" e o "Horóscopo celta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

2 Craniof

Eu si que estou en trance despois de velo...

1 Berce

unha tilinha, Craniof...? JAJAJA

2 outromais

Eu vim o vídeo e devo dizer que deixa bastante que desejar (polo menos na minha opiniom). Além disto, tendo em conta as dúzias de anacronismos que tem (é umha série, mais nada) entendo que nom tem finalidade "doutrinária" porque nom tem nem rigor histórico, misturando por exemplo os ataques vikingues com os kallaikoi. Pero é isso, umha série, ou seja que nom o vejo tão relevante.

1 outromais

Bom, tecnicamente, segundo tenho lido, nom é o nome que recebérom ao chegarem os romanos, senom que era o nome que tinham eles, kallaikoi (ou kalekoi, vaia) e gallaecos é a romanizaçom desse nome.

1 Manoliño

Eso de kaleikoi tamén é a primeira vez que o leo, despois queixaránse de que a xente diga que a historia nacionalista é un puro invento...

2 MEQUELES

Se non me equivoco é o nome que lle deu o historiador e xeógrafo grego Estrabón, leríase Kaleki... e si, todo é un invento, realmente sempre pertencemos a Madrid, calquera outra cousa é un invento separatista.

3 Manoliño

Será certo, pero é ben estrano que se cite tanto pola rede, e Google, búsqueda de libros, non devolva ningún resultado para "kalekoi", e para "kallaikoi", uns 162

4 fuco

dependerá da variante dialectal supoño, agora ben dubido que estrabon fose xa nacionalista galego

5 outramenos

Digo eu... era o nome que "tiñan eles"?? Pero habendo unha chea de tribus prerromanas na Galicia daquela, cada unha co seu nome, xa tiñan un nome para denominarse en conxunto? Xa tiñan unha concepto de pobo como unión de todas elas? Pregunto... dende a miña ignorancia no tema, pero resultaríame raro que se desen as si mesmos ese nome.

6 MEQUELES

Se ben a wikipedia non sexa o referente en canto a veracidade e exactitude, tamén é certo que a wikipedia en castellano, no tocante a Galicia é de todo menos nacionalista galega, e recolle no seu artigo sobre a prehistoria de galicia un paragrafo sobre os kallaikoi.

7 Xaime

outramenos, o historiador romano Silicius fala de que mercenarios Galaicos formaban Anibal. As suas fontes falan de galaicos e non de brigantes, lapatiancos, limicos ou calquera outra tribo. Polo tanto é probable que tiveran para si unha denominación propia antes de que lla deran "novamente" os romanos.

8 outromais

E logo nom havia vascões? Pero entre eles havia tribos diferentes. O mesmo com os iberos, por pôr exemplos.