A politización do Colexio de Veterinarios de Lugo provoca unha rebelión dos seus afiliados
Un grupo crítico acusa á presidenta, Ana María López Pombo, de uso “partidista e persoalista" deste órgano. O conflito comezou cando López Pombo remitiu aos colexiados unha carta co membrete do Partido Popular, formación da que é concelleira en Lugo.