Temas: AP-9

Maioría no Congreso para levantar o veto do Goberno do PP á transferencia da AP-9

Todos os grupos parlamentarios, a excepción do Partido Popular, manifestáronse este martes a favor de levantar o veto do Goberno de Mariano Rajoy a dúas iniciativas lexislativas da oposición, a de Unidos Podemos-En Comú-En Marea para a transferencia a Galicia da titularidade da autoestrada AP-9 e a proposición de lei de Cidadáns sobre o fomento do autoconsumo eléctrico.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/06/2018 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Todos os grupos parlamentarios, a excepción do Partido Popular, manifestáronse este martes a favor de levantar o veto do Goberno de Mariano Rajoy a dúas iniciativas lexislativas da oposición, a de Unidos Podemos-En Comú-En Marea para a transferencia a Galicia da titularidade da autoestrada AP-9 e a proposición de lei de Cidadáns sobre o fomento do autoconsumo eléctrico.

Obras de ampliación da AP-9, PROBA DE CARGA
Obras de ampliación da AP-9, PROBA DE CARGA

Foi na reunión da Xunta de Portavoces do Congreso, onde a maioría dos grupos mostrouse en contra do veto imposto no seu día polo Executivo do PP a esas dúas iniciativas. A decisión final deberaa tomar a Mesa do Congreso nunha próxima reunión.

Cidadáns, que no que vai de lexislatura viña aceptando na Mesa os escritos de desconformidade do Goberno a iniciativas da oposición, xustificou o cambio de postura na nova xurisprudencia do Tribunal Constitucional, que deu a razón á Cámara fronte ao Executivo de Mariano Rajoy nos dous únicos vetos que até agora se levantaron.

RIVERA: "POR FIN"

"Por fin se desbloquea o veto que impuxera o PP á nosa lei para suprimir o imposto ao sol", manifestou o presidente de Cidadáns, Albert Rivera, quen celebrou como unha "boa noticia" que o Congreso vaia a debater a supresión do imposto ao sol, unha das reivindicacións do partido laranxa na loita polo medio ambiente e polas enerxías limpas.

Tamén aplaudiu o cambio de criterios de Cidadáns a nova portavoz parlamentaria do PSOE, Adriana Lastra, antes de apuntar que o Executivo de Pedro Sánchez actuará "como sempre" respecto dos vetos que impuxo no seu día o Goberno de Rajoy a proposicións da oposición.

A semana pasada, a Mesa do Congreso acordou trasladar ao novo Goberno do PSOE todos os vetos que o Executivo do PP presentou a leis da oposición e que aínda estaban pendentes de resolución na Cámara Baixa. Acolléndose ao establecido na Constitución, o Goberno do PP presentou esta lexislatura máis de sesenta vetos a proposicións de lei da oposición ou de parlamentos autonómicos ao considerar que alteran as súas previsións orzamentarias.

Temas: AP-9
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta