Elisa e Marcela, dúas mulleres polo seu camiño

Coñecidas por seren o primeiro matrimonio entre dúas persoas do mesmo sexo en España e en Galicia, foron vítimas das circunstancias sociais da súa época. Non debeu ser moi agradable a súa existencia pois acabaron como fuxidas das autoridades. A historia destas dúas mestras acabou cun final descoñecido.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 17/06/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A historia comeza cando alguén levanta o pó e décadas de esquecemento  sobre acontecementos que quen os viviron é moi posible que xa non estean entre nós. Así aconteceu naquel ano de 1993. “Estaba investigando os expedientes disciplinarios dentro do sistema educativo a finais do século XIX e comezos do século XX. Entre os papeis apareceu un expediente gobernativo contra Marcela Gracia Ibeas” di Narciso de Gabriel,  profesor da Universidade da Coruña que sacou á luz os acontecementos que envolveron tanto a Marcela como a Elisa Sánchez Loriga logo de case un século.

Marcela e Elisa despois da voda
Marcela e Elisa despois da voda | Fonte: Wikipedia-La Voz de Galicia

"ASUNTO RUIDOSO"

No documento redescuberto por de Gabriel, había un exemplar dun xornal con data do mes de xuño de 1901. Nas páxinas, unha crónica “Asunto ruidoso, un matrimonio sin hombre”. A crónica “contaba como unha mestra, Marcela, que daquela exercía aínda que as dúas eran mestras, pero logo dun tempo vivindo xuntas decidiron casar, pero naquel momento non era posible, pois a lei e a Igrexa esixían que no matrimonio tiña que haber un home e unha muller”. A raíz diso, “Elisa converteuse en Mario” sinala de Gabriel.

A lexislación decimonónica, moi influida polo dereito eclesiástico, era o principal impedimento para unha unión como a de Elisa e Marcela. Se houbo máis casos como o das dúas coruñesas o profesor de Gabriel di que “seguramente haxa matrimonios entre persoas do mesmo sexo que non son coñecidos polo menos no período contemporáneo entre o século XIX e o século XX”. Cando se quixo investigar se houbera casos semellantes, só se atopara un do século XVI, pero máis adiante non había rexistros.

Os acontecementos fóronse rememorando en seccións sobre sucesos ocorridos moitas décadas atrás. Unha reseña foi feita por un xornalista coruñés e logo o Colectivo Milhomes da Coruña reivindicou a figura das dúas mulleres. Foi este colectivo o primeiro en pedirlles unha rúa ás primeiras mulleres que se tiña constancia que casaran entre ellas. Logo no ano 2008 apareceu o libro de Narciso de Gabriel “Marcela e Elisa. Alén dos homes”.

Placa o día da inauguración da Rúa Marcela e Elisa
Placa o día da inauguración da Rúa Marcela e Elisa | Fonte: Concello da Coruña

OS PASOS

Como se fose un caso de persecución internacional, a parella de mestras sentiu como o seu rastro foi seguido pola prensa galega e portuguesa. Por que logo de casaren e antes de que as prenderan as autoridades, fuxiran a Porto onde estiveron un tempo e de alí marcharon a Arxentina. Non foi doada a vida para as dúas en Buenos Aires, porque, aínda que rudimentarios, os sistemas de comunicación xa traspasaban fronteiras artificiais ou naturais.  “Fun seguindo os pasos de Marcela e Elisa en xornais galegos, de Madrid e logo da prensa portuguesa, que tratou o caso de maneira moi intensa e da de Buenos Aires que trataron o tema de maneira máis curta e superficial” di de Gabriel.

O camiño de fuxida que percorreron Marcela e Elisa comezou fuxindo en direción Porto. Alí, pasados uns meses, as autoridades portuguesas prendéronas e xulgáronas, mais acabaron sendo absolvidas finalmente. As autoridades españolas pediron a súa extradición e, sabedoras quizais de que non ían ter a mesma sorte que en Portugal, fuxen de novo. Primeiro faino Elisa que desembarca en Buenos Aires e uns meses despois faino Marcela que vén coa súa filla. Elisa cambia o seu nome a María e Marcela a Carmen. Elisa casou cun tendeiro de orixe danesa vinte anos maior ca ella. A cousa non acabou aí senón nos xulgados, onde Elisa-María foi acusada de non querer consumar o matrimonio e por tanto, o seu marido pretendía a nulidade do mesmo. Finalmente o matrimonio foi declarado válido.

REIVINDICACIÓN

Durante a investigación do profesor de Gabriel, comprobou que as sociedades eran máis permisivas coas relacións entre mulleres que entre homes “mesmo había países que penalizaban a homosexualidade masculina e non a feminina”. Os motivos poderían ser moitos como que “as mulleres tiñan menor protagonismo social historicamente e nese sentido beneficiaríanse desa menor relevancia e non se sentían como ameazantes ou perigosas as relacións entre mulleres” responde de Gabriel.

O 8 de xuño de 2018, cento sete anos despois da voda entre as dúas mulleres, o concello da Coruña inauguraba a “Rúa Marcela e Elisa” no polígono da Náutica. O rexedor coruñés Xulio Ferreiro destacou que a elección do nome servía "para referendar o compromiso decidido do Concello por facer visibles as diversidades, por conseguir unha Coruña libre totalmente de violencias machistas". Na inauguración Ferreiro tamén indicou que o nome da rúa lembra a dúas veciñas "que nunca se conformaron co silencio nin coa clandestinidade" e que, a pesar de que "foron dobremente discriminadas, como mulleres e como lesbianas, desafiaron ao seu tempo e as súas normas, para ser máis libres, pero tamén, para facernos a nós máis conscientes dos nosos dereitos".

O alcalde recoñeceu o camiño iniciado por Marcela e por Elisa e lembrou que o acto simbólico de poñer unha rúa ao seu nome pretende tamén homenaxear "a todos aqueles veciños e veciñas que tanto fixeron por abrir as portas do cambio e a toda a cidadanía que loitou polas diferenzas da diversidade, de todas as diversidades".  No mesmo acto participou tamén Narciso de Gabriel por ser o autor do libro 'Elisa e Marcela. Alén dos homes' no que referenciou as súas investigacións sobre as dúas mulleres ás que recorda hoxe o rueiro da cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 sentimentalismo desde sempre

non é novo ben de antigo, mesmo na edade media o homosexualismo era moi grande na galiza e estaba entre as institucions eclesiásticas, obispos, prelados e mesmo nos mosteiros onde o prior era elexido polo método de calzon baixado cu pelado, a eirexa galega non facia nada por combatilo ata que meteuse a inquisición de castela e comenzaron a queimar xente acusada de relación carnais, muito era debido o fanatismo castelan, enton os cus eran queimados entre soflamas bíblicas e cos consabidos berros finais de VIVA EXPAÑA!!!, o homosexualismo esta tan arraigado no medioevo que chegaron a existir furanchos e tabernas de "ambiente" como si fose isto a cidade de N.Y. nos anos 70 do seculo vinte pasado... Galiza sempre foi "liberal" non como expaña niño de fanáticos, ladrons e porcos mesetarios... teñen as cacholas moi fanatizadas e as nabos moi brandos e acuosos