Temas: INE EMIGRACIóN

Case 20.000 persoas marcharon de Galicia en 2017

Máis de 75.000 persoas en Galicia cambiaron a súa residencia en 2017 e, delas, 18.380 foron a outras Comunidades Autónomas, segundo a Estatística de Variacións Residenciais publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística.

Por E.P. | VIGO | 26/06/2018 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O INE publicou este martes un documento no que reflectiu que, en 2017, 75.000 persoas en Galicia cambiaron a súa residencia  e, delas, 18.380 marcharon a outras Comunidades Autónomas, segundo a Estatística de Variacións Residenciais. Así, o INE sinalou que 75.188 persoas déronse de baixa da súa residencia en 2017, case 67.000 galegas e unhas 8.200 estranxeiras. 

A emigración galega en América
A emigración galega en América | Fonte: Galicia espallada

A estatística tamén reflicte que, durante o pasado ano, rexistráronse en Galicia 93.740 altas de residencia, mentres que se rexistraron 87.057 baixas, polo que o saldo total é positivo, e elévase a 6.683 rexistros de residencia.

Por provincias, todas, salvo Pontevedra, presentan saldo positivo en canto a variación residencial. Na Coruña rexistráronse 40.932 altas, por 35.563 baixas; en Lugo houbo 10.571 altas por 9.518 baixas; en Ourense, rexistráronse 13.522 altas fronte a 12.857 baixas; mentres que en Pontevedra, houbo 28.715 altas e 29.119 baixas.

Temas: INE EMIGRACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 VIVA ESPAÑA

Viva España Vota PP