A Mesa pola Normalización Lingüística pide o cesamento da valedora "pola súa actitude contra o galego"

A solicitude da Mesa para que Milagros Otero deixe de ser valedora do Pobo súmase ás críticas do tres grupos da oposición na Cámara galega

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2018 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística insiste na necesidade de que a valedora do Pobo, Milagros Otero, dimita da súa responsabilidade ou sexa cesada "pola súa actitude contra o galego e ante as negativas a aceptar queixas sobre a vulneración dos dereitos lingüísticos".

La valedora do Pobo, Milagros Otero. VALEDOR DO POBO - Archivo
La valedora do Pobo, Milagros Otero. VALEDOR DO POBO - Archivo | Fonte: Europa Press

A solicitude da Mesa para que Milagros Otero deixe de ser valedora do Pobo súmase ás críticas do tres grupos da oposición na Cámara galega despois da sentenza que a acusou de "desvío de poder" en relación ao nomeamento de María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, no marco dun proceso interno de selección de persoal.

Precisamente, Milagros Otero comparecerá este xoves na Comisión de Peticións da Cámara galega e, ademais, no pleno da semana próxima, os grupos que conforman o hemiciclo galego poderán votar sobre o cesamento ou a continuidade da alta comisionada.

Nun comunicado, A Mesa afirma que recibiu unha notificación procedente da valedora sobre unha queixa pola ausencia do idioma galego nunha app para o servizo público de estacionamento do Concello de Santiago. Esta reclamación, explica a organización, "non será tramitada pola valedora por entender que multiplica a carga de traballo das administracións públicas".

Neste sentido, a entidade de defensa do galego persiste en que esta actuación por parte da valedora é "unha mostra de abandono de funcións, ao pechar o trámite e derivar a queixa a outra institución". "Segundo a lei que regula a institución, a súa función debe ser velar polo exercicio de dereitos fundamentais e as liberdades, pero actúa coma se o dereito ao uso pleno e libre do galego non existise", engade o comunicado.

Así mesmo, A Mesa exemplifica este caso con outro recente no que o Defensor do Pobo si admitiu a trámite queixas polas constantes dificultades para realizar trámites en galego na Axencia Tributaria. "A valedora só mostrou o apoio a esta protesta cando viu que a institución estatal actuaba, absténdose da función de defensa en primeiro termo dos dereitos lingüísticos do pobo galego", argumenta a entidade.

A MESA VOLVE CARGAR CONTRA A VALEDORA

A Mesa Pola Normalización Lingüística xa pediu, en outubro de 2017, a dimisión de Milagros Otero, á que acusou de actuar "coma se fose a curmá de Zumosol das institucións belixerantes co galego". Segundo a entidade, a comisionada do Parlamento "amparaba ataques contra o idioma galego", como a súa eliminación nos sinais de tráfico de Gondomar, o "abuso de poder" contra unha nena de 9 anos "á que se lle restou nota por utilizar a forma correcta de Galiza" ou a diminución das horas de clase en galego pola aplicación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xan do Can

Que o demo nos valla contra a impresentable Valedora mantida do Partido Podre! Para ter unha defensora da casta, do enchufismo, do clientelismo, do franquismo, do rancio españolismo e da corrupción institucionalizada en forma de Partido Podre, mellor suprimimos a institución! Fede que alcatrea!

1 DimiteFacha

Xa algúns coñeciamos a esta tiparraca como comentarista parcial e dereitosa en programas da Radio Galega. O odio que teñen estes PPeiros á cultura propia desta zona do mundo é brutal. Por lei terían que defender a nosa lingua dos ataques e o asoballamento empresarial, social ou mesmo institucional. Pero arrechéganse ás posicións máis fachas e mesetoides, coma se a mesma caverna madrileña os fose chamar calquera día para un ANaRosa ou similar. Nin para iso valerían! O caso é que ha sacar unhaboa tallada mensual deste postazo.