Por E.P. | LUGO | 04/07/2018 | Actualizada ás 18:04
Polo menos unha muller resultou ferida de consideración nunha colisión entre un turismo e un camión na estrada CG 2.2, ao seu paso pola parroquia de Santa Comba, no termo municipal de Lugo.
Segundo informou o 112, esta persona saíu despedida do vehículo que manexaba no momento do choque. De igual modo, o 112 está "á espera de ter máis información" sobre o estado doutras persoas implicadas no accidente, posto que os servizos sanitarios continúan actuando no punto no que se produciu o sinistro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.