Galicia estará representada nun festival europeo de djs, da man dos vigueses Groove Amigos

O próximo sábado 7 de xullo será o turno dos artistas da música electrónica André Vázquez e Pau D'Afonso no festival 'Ultra Europe', celebrado entre o 6 e 8 de xullo na cidade croata de Split. Nesta entrevista con GC aseguran estar pasando "o seu mellor momento" musical.

Por Ángela Precedo | Santiago de Compostela | 06/07/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A cidade de Split, en Croacia, acollerá durante os días 6, 7 e 8 de xullo a concentración dos mellores djs do mundo no festival ‘Ultra Europe, que ven a ser a edición europea do principal festival mundial adicado á música electrónica, ‘Ultra Music Festival’, que se celebra en Miami. E, por primeira vez, dous galegos conseguiron ‘colarse’ nesta importantísima cita, André Vázquez e Pau D’Afonso, máis coñecidos por todo o seu público como Groove Amigos.

Cartel do festival 'Ultra Europe' de djs.
Cartel do festival 'Ultra Europe' de djs.

Ambos djs galegos, sen dúbida, aseguran estar vivindo “o seu mellor momento”. Neste senso, no último ano, a súa “paixón” pola música, tal e como eles a definen, levounos a visitar países como México, Ecuador, Finlandia, Polonia, Noruega, Alemania ou Estados Unidos, comunidade onde xa son habituais convidados na prestixiosa ‘Miami Music Week, na que actuaron durante os últimos 5 anos.

Ademais, ambos sinalan qe a marca ‘Groove Amigos’ está “revolucionando a escena musical en España”, onde foron quen de posicionarse entre os mellores djs de música electrónica. Polo que respecta ao seu repertorio, Pau D'Afonso asegura que “a verdade é que cada actuación é diferente e a situación e o contexto tamén”, polo que “é difícil asegurar que temas vamos a poner”.

Con todo, Pau recoñece que, pese a non catalogarse nun estilo, de ter que facelo e decantarse por un, sería o EDM (Electronic Dance Music) --non é un xénero musical propio, bebe de moitos estilos, como o house, o hip-hop, o 'nu-rave' e ata o 'dubstep'; e diversas fontes sonoras, para crear diferentes produtos válidos para todos os públicos, cultivado por artistas da talla de Skrillex, Steve Aoki o David Guetta--.

En concreto, o turno destes dous djs galegos dentro do ‘Ultra Europe’ chegará o sábado 7 de xullo, día no que se codearán con artistas de talla mundial como David Guetta, Steve Angello, Hardwell e moitos outros. Deste xeito, segundo aseguran os propios djs, será a primeira vez que Galicia estará representada nun festival deste calibre, xa que, ademais de ser dos primeiros, xunto a Paco Osuna, serán os únicos españois en actuar na edición deste ano.

Actuación de Groove Amigos.
Actuación de Groove Amigos.

MARCA ‘GROOVE AMIGOS’

A marca ‘Groove Amigos’ leva máis de seis anos no mundo da música –dende o 2012--, cando se foron a vivir xuntos e comezaron a darle voltas á idea de actuar en conxunto, tal e como apunta Pau, mentras “rompían a cabeza para aportar algo diferente á escena”. Deste xeito, antes de comezar co proxecto como tal, “xa recorréramos varias discotecas de Vigo e arredores”, segundo garante o dj.                                                  

En concreto, o nome provén, por unha banda –a de ‘Groove’--, dun “tipo de son que nos gusta moito”, en palabras do propio Pau, que se refiera unha melodía “envolvente e con profundidade”; e pola outra –‘Amigos’--, da súa amizade, “algo máis que evidente”, segundo asegura o galego entre risas. Defínense a sí mesmos como “ambiciosos, inconformistas e soñadores”.

NOVOS PROXECTOS

Pau apunta, respecto dos novos proxectos que teñen estes djs entre as mas, que “estamos traballando no estudo durante os últimos meses, en diferentes temas que verán a luz próximamente”. Tanto é así que afirma que, “nestas últimas semanas, estiveron en contacto continuamente cos dous selos moi importantes da industria musical”.

Neste senso, mantense reservado, e dí que, “pese a que nos gustaría adiantar algún detalle, queremos sorprender a todos os nosos seguidores”, de maneira que mantén a incógnita. Ademais disto, Pau destaca que Groove Amigos forma parte da “producción artística” do ‘H2O Festival’ de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), un festival que o ano pasado reuniu a 10.000 persoas.

PROMOTORES DO ‘H2O FESTIVAL’

Os Groove Amigos tamén son os promotores dalgunhas das principais marcas e festivais de música electrónica en Galicia. Destacando, entre outros, o ‘H2O Festival’, que reúne a miles de persoas cada ano en Vilagarcía de Arousa, así como o ‘Midnight Paint Party’ ou o ‘Groovy Pool’.

Sobre a Festa da Auga de Vilagarcía, Pau asegura que para eles soe ser a actuación “máis emotiva” até o momento, xa que, pese a que todos os espectáculos “teñen algo de especial”, de ter que elexir, “sería este, por ser en Galicia e ser unha das festas nas que repiten cada ano” e que “vai crecendo pouco a pouco con nós”.

Finalmente, sobre a acollida que están tendo por parte dos receptores da súa música, Pau D'Afonso insiste en que, “aínda que sone a tópico”, o público para eles “éo todo, unha inxección de motivación a diario”. Por iso, considera que deben sentirse “moi afortunados dos seguidores” que teñen, xa que, “co seu apoio en redes sociais ou acudindo aos nosos concertos motívanos e danos forzas para seguir loitando polo noso soño”.

Cartel promocional dos djs galegos Groove Amigos.
Cartel promocional dos djs galegos Groove Amigos.
Actuación de Groove Amigos no 'H2O Festival' de Vilagarcía de Arousa.
Actuación de Groove Amigos no 'H2O Festival' de Vilagarcía de Arousa.
Actuación de Groove Amigos no 'H2O Festival' de Vilagarcía de Arousa.
Actuación de Groove Amigos no 'H2O Festival' de Vilagarcía de Arousa.
Cartel do festival 'Ultra Europe' de djs.
Cartel do festival 'Ultra Europe' de djs.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta