A asemblea de Compostela Aberta dá luz verde á proposta para renovar a dirección de En Marea

Será a través da creación dunha "mesa de confluencia" con Anova, Podemos e Esquerda Unida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2018 | Actualizada ás 23:20

Comparte esta noticia

A asemblea de Compostela Aberta deu luz verde ao documento no que propón unha folla de ruta para a renovación de En Marea a través da creación dunha "mesa da confluencia" na que estarían representados o tres partidos políticos que participaron na primeira coalición --Anova, Podemos e Esquerda Unida-- e a convocatoria adiantada de eleccións internas para a renovación dos órganos de dirección do partido instrumental.

Compostela Aberta con Martiño Noriega, no almorzo de balance de nadal
Compostela Aberta con Martiño Noriega, no almorzo de balance de nadal

O documento recibiu o visto e prace da asemblea da formación que encabeza o rexedor de Santiago, Martiño Noriega, presente este xoves xunto a gran parte do seu grupo de goberno na asemblea que Compostela Aberta celebrou no seu local do Ensanche compostelán. A proposta recibiu 56 votos a favor, tres en contra e catro en branco.

O movemento de Compostela Aberta, que goberna Santiago desde 2015, prodúcese nun momento no que a división interna que existe en En Marea desde fai máis dun ano se viu avivada a raíz do apoio de certos membros da dirección do partido instrumental ao nacemento doutra candidatura de confluencia en Ferrol, Marea de Ferrol, proxecto herdeiro de Marea Ártabra e que competirá en 2019 con Ferrol en Común, que lidera o alcalde, Jorge Suárez.

Ao termo da asemblea, en declaracións aos medios, a portavoz da coordinadora de CA, Yolanda Rei, apuntou que agora, unha vez apoiada polos inscritos da marea compostelá, se iniciará unha rolda de contactos co resto de formacións do espazo de En Marea para trasladarlles a proposta, que ten por obxectivo lograr que "se sentan representadas en En Marea sensibilidades que non se recoñecen" na realidade actual do partido que encabeza Luís Villares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 comunista dependentista

Son 60 persoas, os liberadiyos que deciden que hai que "renovar" aos demais! FIGHT

3 GrazasBeiras

Aínda custa traballo crer que un movemento local que estaba orientado só para tratar de mellorar a vida no concello, que fuxía das etiquetas de partido, se meta nestes sarillos que procuran só beneficio a orgas da vella política. E q o fagan coa anuencia dos asistentes. Montar unha asemblea para dar un golpe interno contra rivais: non se pode ser mais vella política. Bom, é seu partido, q fagan o que lles pete. Martiño, tiñas razón no q dixeche ó gañar: "só temos catro anos, estamos de prestado". O meu préstamo venceu. Sorte no q sexa q estás facendo.

2 Centroeuropeo

Paréceme noxento que haxa (ex)nacionalistas que lle fagan o traballo suxo a quen nunca creu nunha marea galega (Izquierda Unida e Podemos), senón nunha coalición de conveniencia para chuchar da popularidade de Beiras. Supoño que sabotear a marea galega (e nin sequera loitar por unha coalición na que a parte nacionalista sexa tratada en pé de igualdade) será o prezo polo apoio deses partidos españois para manter o poder local deses ex. Douche Madrid en troca do meu pobo, e a Galiza que a fodan.

1 comunista independentista

Moi ben por Compostela Aberta, apostando por avanzar na unidade popular!

1 Copular Dependentista

Os galegos, de xeonllos e coas calzas baixadas, a tragar do madrileño. E aínda hai un comunistiño servil que goza!!!

2 A por eles oé

É o que ten, a unidade popular é iso, rachar e rachar ata que só quedes ti de liberadiyo.