VIGO | 16/07/2018 | Actualizada ás 18:40 por EUROPA PRESS
Efectivos de emerxencias participan nos labores de extinción dun incendio na ermida de San Campio, na localidade pontevedresa do Porriño.
Segundo informaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, o primeiro aviso recibiuse sobre as 16,15 horas deste luns, cando un veciño alertou de que estaba a arder a capela, situada na parroquia de Pontellas.
De acordo con estas fontes, o lugar estaba pechado cando se produciron os feitos, polo que en principio crese que non había ninguén no seu interior.
Até o lugar desprazáronse efectivos de Bombeiros de Baixo Miño e axentes de Policía Local e de Garda Civil, que aínda traballan na localización.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.