Quen goberna España?

O PSOE, preocupado pola súa supervivencia, decidiron xubilar ó líder, un lastre que resultaba demasiado pesado. Os socialistas son así, demostrao a súa trayectoria e así, optaron pola postura mercantilista, pola búsqueda do rédito electoral inmediato.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 14/04/2011

Comparte esta noticia

Intranquilos pola súa supervivencia, achicaron a auga do seu barco e ó berro de salvese quen poida, despreocupáronse do verdadeiramente importante, de salvaguardar o destino do país.

Despexouse a incognita sobre o futuro político de Zapatero, sí. Pero agora a perturbadora pregunta é saber quen está ó mando do consello de ministros.

Sabemos que hai un capitán descabezado e varios mariñeiros que aguerridamente, aínda que oficialmente non toca referirse a elo, están dispostos a remplanzalo. Outros moitos están prestos a colocarse á sombra de quen máis conveña ou quen más posibilidades albergue de gañar o pulso.

Todos eles, uns e outros, son nembargantes partes do mesmo problema. Todos son responsables da acción de goberno que, baixo a batuta dun presidente que se vai pero que se queda, levou ó país a unha crise económica sen precedentes na nosa historia recente.

Nesta provisionalidade gubernamental; nesta prolongación de máis do mesmo, as consecuencias seguen a pagalas os mesmos: os millóns de traballadores sen emprego nin prestacións; os xubilados coas pensións conxeladas; os funcionarios ós que se lle reduciu o salario… En definitiva, todos os cidadáns que, residan onde residan, teñen que apandar coa desmedida carestía da vida e coa paulatina e inexorable falla de expectativas.

Coa vista inevitablemente posta en Portugal; co recoñecemento explícito, unha vez máis, de que a recuperación económica non é tan inminente como prevían as sempre optimistas previsións ministeriais (aínda fresca a anunciada marcha aprazada de Zapatero), insisto na pregunta: quen está a gobernar España?

Quen toma as decisións e, sobre todo, con que criterios e obxectivos se adoptan esas decisións?

Os socialistas, non hai dúbida, optaron por si mesmos. Pero e os demais, o conxunto dos cidadáns deste país, quen vela por eles e pola salvaguarda dos seus intereses?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog