Atentado a Nicolás Maduro

O 16 de abril de 1961 o pobo cubano saíu ás rúas en repudio ao bombardeo aos aeroportos de Cidade Liberdade, a base aérea de San Antonio dos Baños e o aeroporto de Santiago de Cuba, hoxe aeroporto Internacional Antonio Maceo, que tivo lugar un día antes.

Por Lois Pérez Leira | Venezuela | 08/08/2018

Comparte esta noticia

O pobo indignado envorcouse ás rúas e Fidel nun discurso histórico sinala o carácter socialista da revolución. Este é o mesmo camiño que ten que percorrer a República Bolivariana de Venezuela. O imperialismo pechoulle todas as portas a unha transición democrática burguesa, ao socialismo. A experiencia chilena da Fronte Popular con Salvador Allende é unha proba concreta,de que non é posible a vía pacífica ao socialismo,dentro do marco capitalista. O imperio exerce a violencia indiscriminada contra este pobo e o seu goberno democráticamente elixido. Xa o Libertador Simón Bolívar advertíanos: “Os Estados Unidos parecen destinados pola Providencia para plagar a América de miseria a nome da liberdade.”

Este intento de magnicidio debe facer reflexionar ao presidente Maduro e á condución revolucionaria deste país. A única solución á situación económica e política é a tóma do poder e declarar o socialismo, con todas as consecuencias que se poidan derivar. Ante a violencia das oligarquías cipayas e os EEUU, é necesario responder coa violencia revolucionaria do pobo bolivariano. Para iso o goberno debe nacionalizar as palancas fundamentais da economia, (banca, comercio externo, grandes empresas) como así tamén poñer os medios de comunicación ao servizo da revolución.

 Sabemos que non é unha tarefa fácil. Malia iso leste é o único camiño. Ou se avanza cara ao socialismo ou o imperialismo tarde ou cedo gañase esta batalla. Confiamos no pobo bolivariano e no presidente Nicolás Maduro, que Venezuela será Socialista. Como nos ensino o Che: “Non se pode construír a Revolución con materiais do capitalismo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.