Lois Pereiro regresa a Madrid

O Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés é o escenario elixido para celebrar a Festa das Letras Galegas na capital de España. Será o próximo 21 de maio, no marco dun evento de sete horas e media co que botará a andar o proxecto cultural Galiciaenmadrid.com.

Por Alberto Quian | Madrid | 28/04/2011 | Actualizada ás 02:10

Comparte esta noticia

Era unha cita obrigada. Lois Pereiro regresa a Madrid, escenario fundamental na súa vida e obra. Madrid foi a cidade do desencanto universitario, a dos paseos polo Rastro, a das sesións de cinema na Filmoteca, a da aprendizaxe de idiomas, a dos fulgores da Transición e a movida, pero tamén a da fatalidade polo envelenamento do aceite de colza. Pero sobre todo, Madrid foi a cidade dos primeiros poemas, onde Lois Pereiro se fixo público con aqueles versos na revista experimental Loia, promovida por un grupo de galegos instalados na cidade, entre os que estaban o seu irmán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas, Menchu Lamas e Antón Patiño. Precisamente o fillo destes dous últimos, Lois Patiño, é un dos participantes neste ambicioso proxecto de Galiciaenmadrid.com que puxeron en marcha Silvia Bardelás e Beatriz González Goce, coa colaboración doutros galegos residentes en Madrid, para dar a coñecer a realidade da nosa cultura na capital de España.

Este proxecto cultural botará a andar o próximo 21 de maio coa celebración da Festa das Letras Galegas en La Tabacalera, sita no popular e multicultural barrio de Lavapiés, un escenario á medida de Lois Pereiro, o guía deste gran desembaque da cultura galega en Madrid.

None

PROGRAMA

16:00 Inicio das actividades:

NAVE CENTRAL: Dramatización de Esther Carrodeguas. Collage.

SALA 1: Proxección da película de animación De Profundis de Miguel Anxo Prado.

SALA 2: Proxección de curtas de animación, mostra do cómic en Galicia (Álex Cal, Emma Ríos, David Rubín, David Braña...).

PATIO: aire  libre.

Un equipo de grafiteros galegos realizará unha intervención conxunta nas paredes de La Tabacalera.

17:00

NAVE CENTRAL: Performance a cargo de Natalja Dudek con poemas de Elías Portela.

SALA 1: Proxección de curtas documentais de festivais musicais de Galicia:

Festival música folk  de Ortigueira.

Cultura Quente de Caldas.

Festival FAX de Orense.

Festival Vigo Transforma.

Festival de jazz de Vigo Imaxina Sons.

SALA 2: Documental de Pablo Outón sobre a actividad do graffiti en Galicia.

18:00

CAFETARÍA: Café e rosca de merenda.

NAVE CENTRAL:

Dramatización dun texto de Xesús Manuel Marcos.

Presentación da editorial Pulp Books.

SALA 2:

Documental sobre a historia e actividade do Festival de Cans.

Sesión continua de curtas, making of de animación e cómic.

19:00 HOMENAXE A LOIS PEREIRO

Presentación de Lois Patiño.

Lectura pública.

Dramatización de Alfonso Armada.

Lectura de Xosé Manuel Pereiro.

Música a cargo de Manu Clavijo, Leo Arremecagho.

Proxección de imaxes.

21:00

Conexión en directo coa clausura do Festival de Cans.

Proxección do making of da intervención dos grafiteiros nas paredes de La Tabacalera.

21:15 Festa gastronómica na Nave Central con música de gaitas.

Empanadas de “ La Pintora “ de Nigrán.

Xamón asado e croquetas de lacón con grelos de  “O Pazo de Lugo”.

Viño albariño e cervexa.

Queimada.

21.45

Concerto do Grupo Correos.

Concerto de Jing Hang Man e os Cunha Brothers.

23:30 Despedida e peche.

 

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 Xan d¨Outeiro

Realmente penoso. Comprobar que existen individuos/as que non esta´n de acordo coa proxección do galego máis aló das murallas de Lugo. Os nosos antergos xa falaban de Galicia célula de universalidade; nós agora queremos agocharnos neste recuncho peninsular esperando a que nos fagan desaparecer. Noraboa aos promotores desta iniciativa. Tomar como modelo de desenvolvemento de galicia a visión de Lois pereiro non sei se será acertado. El era el; galicia é moitos Lois, logo non podemos reducirnos á súa visión do mundo. Galicia precisa proxección exterior; globalidade da súa cultura e dos seus empredendores culturais e científicos, que os hai.

1 Monfortino2

Benquerido Xan, coido que non entendiches: eu non estou en contra da "proxección do galego máis aló das murallas de Lugo", o que non soporto é que, máis aló das murallas, proxectemos maiormente gaitas, lacón e queimada. Síntoo, pero non soporto os emprendedores culturais (!) tan modernos que temos en Galiza, que achan que o mellor xeito de publicitaren a nosa cultura é mezclando grafitti, rosca e kitschismo feito en Cans. Non te enganes, iso non pasaría se Lois Pereiro fose o noso modelo de desenvolvemento: estou seguro de que ningún emprendedor cultural se acercaría o poeta de Monforte, non esquezas que os emprendedores culturais son denantes "emprendedores" ca "culturais"...

3 Bento

Eu quixera darlles os meus parabéns a este colectivo que organiza esta xornada cultural galega en Madrid, que creo que debe ser ben recibida. Non se pode ser tan hipercrítico pois de aquí ao 17 de maio e nos días seguintes vai haber unha chea de actos relacionados con Lois Pereiro en concellos, centros escolares, asociacións culturais... En todo eles haberá algo de Lois Pereiro, ás veces o acto será dedicado integramente ao poeta e noutros só parte ou nada, mais celebraranse as Letras igualmente. Outro debate sería o da pertinencia desta data necrófila das Letras. Se este colectivo vai desenvolver un traballo intenso, digno e sobre todo desacomplexado (sobre todo co idioma) ante a hostilidade que a Villa y Corte, os seus políticos e os seus medios ultras, demostran cara á diversidade cultural e lingüística do Estado haberá que apoialo.

2 Roque Pita

Alberto, a iniciativa de Galicia en Madrid é unha plataforma cultural montada por beatriz Gonzalez Goce e Silvia Bardelás. Están facendo un traballo extraordinario. Grazas por axudar a dar a coñecer e divulgar este marabilloso proxecto. http://www.galiciaenmadrid.com/gali...

1 Monfortino2

Pero isto é unha tomadura de pelo!! Utilizan a Lois Pereiro para publicitar unha chea de parvadas... Un acto que se chama "Homenaxe a Lois Pereiro" e que dura 6h 30 só dedica 2h ao homenaxeado. É ridícul; sodes ridículos. Chamádesvos "loisistas" e non sodes máis ca un ego desmedido. Pobre Lois...

1 Aldonza

Que noxo.Rosca,folk e os puretas de sempre,dos que estamos ata o naris.Nada que ver coa experimentacion e a vida en solitario De Lois Pereiro.

2 Alonso

Dame a sensacion que ises culturetas rancios andan mal de pelas.Son mediocres ,acabaselles o tempo e andan a pasear o cadaver do poeta para ver se alguen cre que o talento se contaxia.Pois non ,so o Sida e a Hepatite.

3 Galicia en Madrid.com

A nosa intención non é outra que dar a coñecer a cultura galega fóra de Galicia porque non nos parece ben que non se coñeza nada dela e iso fai que non poda interaccionar con todas as outras culturas, por dicilo dalgún xeito, recoñecidas.Celebrar as letras galegas pareceunos unha boa idea para aproveitar e amosar un pouco da cultura en xeral e por suposto dar a coñecer a Lois Pereiro.La tabacalera é un centro autoxestionado que estaría nos soños de Pereiro, que fixo un manifesto e promulgou un cambio social que agora mesmo está mais vivo ca nunca, e iso faino perfecto para a xente nova. La tabacalera sempre está chea de xente nova.Ninguén cobra un peso neste acto, nin sequera os músicos, e moitos poñemos todo o noso esforzo por unha idea que nos parece boa para Galicia. Quedades invitados a vir e axudar a facelo mellor, é unha plataforma aberta onde todo o mundo pode aportar ideas. Non quería mais que explicar un pouco o proxecto para que estivese mais claro.

4 Monfortino2

Paréceme unha idea marabillosa, mais daquela non lle chamedes "Homenaje a Lois Pereiro" porque non o é. Non utilicedes o nome dun poeta para "amosar un pouco da cultura en xeral" e, sobre todo, da cultura-topicazo: estou seguro de que se Lois fose alemán odiaría o Oktoberfest...

5 fiz

eu non creo que a tabacalera estivese nos soños de lois pereiro. a tabacalera é un centro social auspiciado institucionalmente. é un centro social, ben; válido como espazo e con certa liberdade, pero digamos que esencialmente non é o paradigma do antisistema. doutra banda, a tabacalera é un espazo, e o que importa dos espazos (neste contexto) é o seu continente: vendo o programa que se propón, esta homenaxe ben podería acontecer no centro galego. non hai nada malo en "promocionar" a cultura galega para os espíritos que crean na economía cultural e no marketing, tampouco para os políticos. tal vez certos poetas (tal vez lois) estarían máis en contra do despilfarro de medios...

6 fiz

en fin, sen ser tan minuciosos, non hai nada malo en organizar esta xornada cultural galega, pero de facelo hai que presentala como o que é: un acto institucional con todos os elementos institucionais que definen estos saraos, o tono underground que se emprega está de máis, por moito centro cultural e moita autoxestión que se manexe. e non sei se atreverme a dicir que lois pereiro tamén está de máis nesta proposta.

7 Vergara

Paréceme que monfortino2 e fiz prefiren os actos menos "institucionais", tipo "cea das letras" e así. Si, Lois pasaría de todo: da Tabacalera, do día das letras, dos biógrafos e das biografías, das "poesías completas", dos roteiros e de todos eses foguetes.

8 Brais

Dacordo con Fiz.E unha montaxe rancia e institucional.Lois Pereiro non estaria interesado nunha vision mediocre e autofaxica do pais.A fin de semana tamen o levaron de paseo polo Incio.Morreria de aburrimento cos seus novos amigos e admiradores.

9 ABURRIDO

¿Onde estaban todos estes cando Lois os necesitaba? Pandilla de sinvergonzas do primeiro ao último.

10 Breogan

Facendo as suas carreirinhas seudoartisticas uns,outos traballando en medios publicos,outros facendo de independentes do PP,pra crear o audiovisual,outros vendendose en CTV.Pero coma desta volta pasaron poucos anos ,todos sabemos que non eran os seus amigos. Moio menos o liberal daquela,controlador nacionalista despois e actual indignado.

11 Fermin Bouza Pena

Teria que darvos vergoña falar asi de un acto tan desinteresado e bonito coma este... imbeciles e escuros, faltaredes, como faltades sempre, agachados na vosa careta de "autenticos" e "antisistema", e so sodes una panda de paspallans.