A CUT gaña na TVG

A aposta pola "consolidación" dos postos de traballo no lugar dunhas oposicións abertas para calquera profesional, clave na vitoria deste sindicato independentista.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/04/2011 | Actualizada ás 21:38

Comparte esta noticia

As previsións cumpríronse. O sindicato soberanista Central Unitaria de Traballadores  (CUT) gañou ampliamente as importantes eleccións na Compañía da Radio Televisión de Galicia.

None

A CUT foi o sindicato máis votado na TVG con 155 votos. Con eses votos conseguiu 6 representantes de 17 que se poden obter nos dous colexios da TVG. USO e CIG obtiveron tres, respectivamente; CC.OO e UGT, dous, cada un e o Sindicato de Xornalistas (SXG), 1.  Uns resultados que modifican substancialmente os resultados dos comicios anteriores nos que USO obtivo cinco representantes e CIG, UXT e CC.OO., catro cada un.

Éxito da CUT e do SXG

Precisamente, tanto a CUT coma o SXG, presentabanse por primeira vez a uns comicios na TVG e foron os sindicatos máis respaldados no colexio de técnicos e administrativos. A CUT obtivo dous representantes, con 57 votos e o SXG, un, con 44. A este sindicato faltoulle un só voto para ter o seu segundo representante. Xa máis lonxe situouse a UXT que tivo 23 votos e un representante;  USO, outro con 22; a CIG, un con 19 votos e CC.OO, otro máis con 18 papeletas.

No colexio de especialistas non cualificados, a CUT sacou catro delegados con 98 votos; a CIG, dous con 61; USOE, dous, con 50; CC.OO, un con 36 e UXT, un con 22. O SXG non presentou lista neste colexio.

Sen embargo, a CUT foi a gran derrotada nas eleccións da CRTVG. Neste colexio, gañou a CIG que obtivo dous representantes, fronte a un representante que obtiveron USO, UXT e CC.OO. Tampouco o SXG presentou aquí lista.

Moita participación

As eleccións estiveron marcadas pola alta participación. De feito, no colexio dos técnicos e administrativos votou o 77% do censo. Os traballadores escollían representantes para substituír a un Comité de Empresa moi desgastado pola polémica das oposicións.

Precisamente, a CRTVG sofre enormes índices de precariedade dende hai máis dunha década. Na actualidade están en marcha unhas oposicións que non cubren nin a metade de prazas que agora ocupan especialistas con contratos temporais.

Todos os sindicatos temen que esta OPE remate sendo ao final un ERE encuberto, especialmente se o PP acaba impondo as súas teses de eliminar ou privatizar as televisións autonómicas.

"Unidade sindical"

O actual presidente do Comité Interempresa, Santiago Alvite, da CIG, destacou que estas eleccións deixan unha "difícil representación" e "moi fragmentada". Por iso, sinalou que establecer unha "unidade mínima de acción" vai ser complicado xa que as posicións que mantiveron os distintos sindicatos, principalmente a CUT, dividiron aos traballadores. "Vai levar tempo curar esas feridas", sinalou.

En declaracions a GC, destacou que o futuro dos medios públicos galegos está "no aire" e o seu futuro "é incerto". Por iso, apostou pola unidade de todos os sindicatos para  "defender aos medios públicos". Ademais, e como membro da CIG, destacou que o seu sindicato, a pesar de todo, quedou en segunda posición, detrás da CUT.

Tamén a cabeza de lista do SXG, Susana S. Recouso, destacou o importante apoio que tivo este sindicato que reclama unha programación de calidade para todos, que desterre dunha vez o complexo de “Telegaita” e que dignifique a cultura e a lingua galegas. Ademais, agradeceu o apoio dos seus compañeiros e sinalou que tentará "loitar" polo dereito e a igualdade de todos os traballadores e pola "unidade" para que entre todos se evite a privatización da TVG e se remate coa súa precarización.

Galicia Confidencial tamén chamou a Raquel Lema, a cabeza de lista da CUT, pero non foi posible contactar con ela.

É lícita unha consolidación nunha empresa pública?

A CUT é o único sindicato que defende abertamente a consolidación directa dos postos de traballo no lugar dunhas oposicións na que se poidan presentar calquera. O sindicato independentista apostou, así, por contentar  ás demandas de moitos profesionais do colectivo de contratados. Por iso, parte da súa candidatura estaba conformada por editores e directores dos informativos da TVG, informativos que, curiosamente, teñen criticado pola súa parcialidade representantes significados deste sindicato e da propia FPG, partido político que o apoia.

En todo caso, as oposicións en marcha  deixarán sen praza a moitos destes informadores en precario. Ademáis, este sindicato non se manifestou abertamente a favor dunha proba obligatoria de lingua galego, un asunto que causou inquedanzas no propio sindicato e, especialmente, na Fronte Popular Galega.-

Precisamente, esta postura provocou un enfrontamento aberto entre o colectivo da CUT co actual Comité, malia que os representantes dos traballadores non votaron a prol das oposicións. Os resultados electorais danlle forza a CUT e tamén ao outro sindicato que estaba fóra do Comité, o Sindicato de Xornalistas de Galicia, que a pesar de sacar tan só un representante, foi o segundo máis votado no colexio de técnicos e administrativos na TVG, malia ser a primeira vez que se presentaba.

O SXG e o resto de sindicatos, salvo a CUT, defenden máis prazas, pero non apoian unha consolidación directa de postos de traballo nunha empresa pública, que non sempre escolleu os seus profesionais por concursos abertos.

Á espera do que aconteza na Radio Galega, que elixirá aos seus representantes o vindeiro 12 de maio, o panorama do futuro Comité Interempresas é comlicado. Segundo as fontes consultadas, houbo xa conversas entre a CUT e a USO, un sindicato próximo ao PP, sobre a posibilidade de conformar unha alternativa conxunta. Sen embargo, hai algunhas reticencias en ambas as dúas centrais sindicais, non tanto por cuestións políticas --a CUT mesmo aposta polo independentismo--, senón por cuestións de tipo laboral xa que, aínda que os dous defenden a consolidación directa de todos os traballadores, difiren no número de prazas. A CUT quere se todos os traballadores do ente público sexan fixos mentres que USO é máis conservador neste punto. Por iso, tampouco se descartan que haxa outros posibles pactos.

Resultados por colexios

Na TVG houbo unha participación de máis do 70 por cento, divida en dous colexios electorais.

No colexio de técnicos: 
CUT 2 delegados (57 votos), SXG 1 delegado (44 votos), UXT 1 delegado (23 votos), USO 1 delegado (22 votos), CIG 1 delegado (19 votos), CC.OO. 1 delegado (18 votos).

No colexio Colexio de Especialistas e Non Cualificados TVG:
CUT 4 delegados (98 votos), CIG 2 delegados (61 votos), USO 2 delegados (50 votos), CC.OO. 1 delegado (36 votos), UXT 1 delegado (22 votos).

Finalmente na Crtvg elixironse 5 representantes: 4 polo colexio de técnicos e administrativos (repartidos 1 uso, 1 ccoo, 1 cig e 1 uxt) e 1 polo colexio de especialistas e non cualificados (que lle corresponde a CIG). Xa que logo na CRTVG, cig 2 membros no comité de empresa, uso 1, ccoo 1 e uxte 1. A CIG, con 23 votos é a forza máis votada na CRTVG, seguida de uso (18 votos), CCOO (16 votos), uxt (10 votos) e cut (6 votos)..

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

11 rabudo

¡manda carallo! consolidar en lugar de oposicións, ¡e onde está aquelo de merito,capacidade e igualdade! ¿porqué non vou poder presentarme eu si teño experiencia e ainda por enriba traballei 4 anos na casa e acabei nunhas listas negras e no paro! ¡que vergonza!

10 Galega

Creo que o mérito non está en que a CUT conseguira eses votos e formar parte do novo comité (daban entrada libre, café para todos, na CRTVG, todos poden acadar praza fixa directamente, sen concurso oposición). É fácil conseguir votos con promesas deste tipo. O mérito está nos outros sindicatos, especialmente n CIG-2ºsindicato máis votado, que se manteñen, ou baixan lixeiramente, a pesar da campaña en contra feita desde o PP e sindicatos amigos e do queime sufrido nos últimos tempos. É moi preocupante que un sindicato de esquerdas e sensible co problema da lingua defennda que nos medios públicos se consoliden os postos de traballo " a dedo" negando ao resto dos galegos a mesma oportunidade de obter un posto de traballo no Ente. Tamén é preocupante que non defendan d necesidade de realizar proba de galego para traballr no medio. Moi preocupante...

1 Un arrepentido da CIG

Hai que ser cínicos.... E logo a CIG non aprobou a consolidación para todos os funcionarios na Xunta? Pero A CIG non leva no seu programa electoral da CRTVG a consolidación? Menos cinismo e máis traballar. Por certo, a ser posible traballade nos vosos postos de traballo.

2 ENGAÑADO

O peor de todo e que a CIG soio defendeu aos contratados que entraron co tripartito e querian que soio eles consolidaran seus postos .Sonche uns mentireiros na enseñanza querian que se consolidaran os interinos, na xunta tamen, non chidringuito das Galegoescolas querian metelos a todos sin ningunha pdroba etc eso si que e maaquier a verdade.DIMITIDE DUNHA VEZ PARA CREAR O VERDADEIRO SINDICALISMO DA CIG.Maioritariamente todos os que entraron na crtvg ao principio o fixeron sin oposicion,soio fixeron unha entrevista ou non eh asi, e todos eles entraron con gobernos do PP non houbo ningun goberno de ezquerdas que fixera ninguha opposicion....

9 Independente Mente

E dis que a CUT é un sindicato independentista? É que lendo o texto non me quedou nada claro... En todo caso, que conste que a consolidación de empregos nunha empresa pública non é só licita, senón que en determinados casos, como o da CRTVG, é o que prescribe a lei. Véxanse as consolidacións no Sergas, en Canal Sur ou na propia Xunta. Sobrará quen non queira velo, claro. Pero non vos enganedes: esa, e non outra, é a realidade.

8 compostelan

Esto mais que unha Televisión Publica xa parece a Diputación de Baltar. Os resultados, os que se agardaban. Entendo que cada ún defenda o seu cocido, pero non se pode permitir que en unha empresa pública se consoliden postos obtidos a dedo, negando a igualdade de oportunidades ao resto de galegos. Por certo, se a metade do traballo o fan empresas de fora ¿necesita a TVG tantos centos de empregados?. A non ser que sexa pa ir colocando a militantes, amigos, parienters y demás familia, como a famosa Diputación esa.

7 Aurelio

Parabéns a CUT!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!