A CUT gaña na TVG

A aposta pola "consolidación" dos postos de traballo no lugar dunhas oposicións abertas para calquera profesional, clave na vitoria deste sindicato independentista.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/04/2011 | Actualizada ás 21:38

Comparte esta noticia

As previsións cumpríronse. O sindicato soberanista Central Unitaria de Traballadores  (CUT) gañou ampliamente as importantes eleccións na Compañía da Radio Televisión de Galicia.

None

A CUT foi o sindicato máis votado na TVG con 155 votos. Con eses votos conseguiu 6 representantes de 17 que se poden obter nos dous colexios da TVG. USO e CIG obtiveron tres, respectivamente; CC.OO e UGT, dous, cada un e o Sindicato de Xornalistas (SXG), 1.  Uns resultados que modifican substancialmente os resultados dos comicios anteriores nos que USO obtivo cinco representantes e CIG, UXT e CC.OO., catro cada un.

Éxito da CUT e do SXG

Precisamente, tanto a CUT coma o SXG, presentabanse por primeira vez a uns comicios na TVG e foron os sindicatos máis respaldados no colexio de técnicos e administrativos. A CUT obtivo dous representantes, con 57 votos e o SXG, un, con 44. A este sindicato faltoulle un só voto para ter o seu segundo representante. Xa máis lonxe situouse a UXT que tivo 23 votos e un representante;  USO, outro con 22; a CIG, un con 19 votos e CC.OO, otro máis con 18 papeletas.

No colexio de especialistas non cualificados, a CUT sacou catro delegados con 98 votos; a CIG, dous con 61; USOE, dous, con 50; CC.OO, un con 36 e UXT, un con 22. O SXG non presentou lista neste colexio.

Sen embargo, a CUT foi a gran derrotada nas eleccións da CRTVG. Neste colexio, gañou a CIG que obtivo dous representantes, fronte a un representante que obtiveron USO, UXT e CC.OO. Tampouco o SXG presentou aquí lista.

Moita participación

As eleccións estiveron marcadas pola alta participación. De feito, no colexio dos técnicos e administrativos votou o 77% do censo. Os traballadores escollían representantes para substituír a un Comité de Empresa moi desgastado pola polémica das oposicións.

Precisamente, a CRTVG sofre enormes índices de precariedade dende hai máis dunha década. Na actualidade están en marcha unhas oposicións que non cubren nin a metade de prazas que agora ocupan especialistas con contratos temporais.

Todos os sindicatos temen que esta OPE remate sendo ao final un ERE encuberto, especialmente se o PP acaba impondo as súas teses de eliminar ou privatizar as televisións autonómicas.

"Unidade sindical"

O actual presidente do Comité Interempresa, Santiago Alvite, da CIG, destacou que estas eleccións deixan unha "difícil representación" e "moi fragmentada". Por iso, sinalou que establecer unha "unidade mínima de acción" vai ser complicado xa que as posicións que mantiveron os distintos sindicatos, principalmente a CUT, dividiron aos traballadores. "Vai levar tempo curar esas feridas", sinalou.

En declaracions a GC, destacou que o futuro dos medios públicos galegos está "no aire" e o seu futuro "é incerto". Por iso, apostou pola unidade de todos os sindicatos para  "defender aos medios públicos". Ademais, e como membro da CIG, destacou que o seu sindicato, a pesar de todo, quedou en segunda posición, detrás da CUT.

Tamén a cabeza de lista do SXG, Susana S. Recouso, destacou o importante apoio que tivo este sindicato que reclama unha programación de calidade para todos, que desterre dunha vez o complexo de “Telegaita” e que dignifique a cultura e a lingua galegas. Ademais, agradeceu o apoio dos seus compañeiros e sinalou que tentará "loitar" polo dereito e a igualdade de todos os traballadores e pola "unidade" para que entre todos se evite a privatización da TVG e se remate coa súa precarización.

Galicia Confidencial tamén chamou a Raquel Lema, a cabeza de lista da CUT, pero non foi posible contactar con ela.

É lícita unha consolidación nunha empresa pública?

A CUT é o único sindicato que defende abertamente a consolidación directa dos postos de traballo no lugar dunhas oposicións na que se poidan presentar calquera. O sindicato independentista apostou, así, por contentar  ás demandas de moitos profesionais do colectivo de contratados. Por iso, parte da súa candidatura estaba conformada por editores e directores dos informativos da TVG, informativos que, curiosamente, teñen criticado pola súa parcialidade representantes significados deste sindicato e da propia FPG, partido político que o apoia.

En todo caso, as oposicións en marcha  deixarán sen praza a moitos destes informadores en precario. Ademáis, este sindicato non se manifestou abertamente a favor dunha proba obligatoria de lingua galego, un asunto que causou inquedanzas no propio sindicato e, especialmente, na Fronte Popular Galega.-

Precisamente, esta postura provocou un enfrontamento aberto entre o colectivo da CUT co actual Comité, malia que os representantes dos traballadores non votaron a prol das oposicións. Os resultados electorais danlle forza a CUT e tamén ao outro sindicato que estaba fóra do Comité, o Sindicato de Xornalistas de Galicia, que a pesar de sacar tan só un representante, foi o segundo máis votado no colexio de técnicos e administrativos na TVG, malia ser a primeira vez que se presentaba.

O SXG e o resto de sindicatos, salvo a CUT, defenden máis prazas, pero non apoian unha consolidación directa de postos de traballo nunha empresa pública, que non sempre escolleu os seus profesionais por concursos abertos.

Á espera do que aconteza na Radio Galega, que elixirá aos seus representantes o vindeiro 12 de maio, o panorama do futuro Comité Interempresas é comlicado. Segundo as fontes consultadas, houbo xa conversas entre a CUT e a USO, un sindicato próximo ao PP, sobre a posibilidade de conformar unha alternativa conxunta. Sen embargo, hai algunhas reticencias en ambas as dúas centrais sindicais, non tanto por cuestións políticas --a CUT mesmo aposta polo independentismo--, senón por cuestións de tipo laboral xa que, aínda que os dous defenden a consolidación directa de todos os traballadores, difiren no número de prazas. A CUT quere se todos os traballadores do ente público sexan fixos mentres que USO é máis conservador neste punto. Por iso, tampouco se descartan que haxa outros posibles pactos.

Resultados por colexios

Na TVG houbo unha participación de máis do 70 por cento, divida en dous colexios electorais.

No colexio de técnicos: 
CUT 2 delegados (57 votos), SXG 1 delegado (44 votos), UXT 1 delegado (23 votos), USO 1 delegado (22 votos), CIG 1 delegado (19 votos), CC.OO. 1 delegado (18 votos).

No colexio Colexio de Especialistas e Non Cualificados TVG:
CUT 4 delegados (98 votos), CIG 2 delegados (61 votos), USO 2 delegados (50 votos), CC.OO. 1 delegado (36 votos), UXT 1 delegado (22 votos).

Finalmente na Crtvg elixironse 5 representantes: 4 polo colexio de técnicos e administrativos (repartidos 1 uso, 1 ccoo, 1 cig e 1 uxt) e 1 polo colexio de especialistas e non cualificados (que lle corresponde a CIG). Xa que logo na CRTVG, cig 2 membros no comité de empresa, uso 1, ccoo 1 e uxte 1. A CIG, con 23 votos é a forza máis votada na CRTVG, seguida de uso (18 votos), CCOO (16 votos), uxt (10 votos) e cut (6 votos)..

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

1 meendinho

A informaçao nao é correcta de todo: há um total de 21 delegados (nao 17 como se diz) segundo os dados que se fornece e mesmo o segundo sindicato mais votado é a CIG (80 votos, sem contabilizar os da companhia) e nao o SXG como se diz na nova.