Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2018 | Actualizada ás 10:40
Un motorista faleceu a pasada noite despois de que o vehículo no que circulaba chocase contra un turismo en Curtis (A Coruña). Ademais, unha persona que viaxaba no coche resultou ferida.
Segundo informou o 112, o accidente ocorreu no lugar de Teixeiro, no punto quilométrico 672 da N-634. O aviso deuno unha persona particular sobre as 21,55 horas.
Seguidamente, o servizo de emerxencias informou do sinistro á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Curtis, aos Bombeiros de Betanzos e ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou até o lugar unha ambulancia e un médico do PAC de Curtis.
Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida ao motorista. No entanto, trasladaron ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.