O bombeiro ferido no incendio do Invernadoiro en Ourense, dado fe slta

O traballador torceu un pé mentres participaba nos labores de extinción. Foi trasladado para ser atendido polos servizos médicos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 23/08/2018 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Un dos bombeiros desprazados ao incendio de Vilariño de Conso sufriu un accidente ao torcer un pé mentres traballaba nos labores de extinción. Inmediatamente foi trasladado por compañeiros seus para recibir atención médica. Tras ser asistido recibiu a alta.

Incendio no Parque Natural do Invernadoiro
Incendio no Parque Natural do Invernadoiro | Fonte: remitida

 

De momento Medio Rural confirma que os dous incendios seguen activos, pero perimetrados, sen que haxa avance do lume. Desde a súa conta de Twitter, o Ministerio de Agricultura anuncia o despregamento de medios aéreos para colaborar na extinción.

 

Os dous incendios forestais que se iniciaron este mércores no parque natural do Invernadoiro, na provincia de Ourense, afectan xa en conxunto un total de 68 hectáreas.

Labores de extinción no Invernadeiro
Labores de extinción no Invernadeiro | Fonte: twitter

 

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, están a actuar os medios aéreos para tratar de extinguir os dous lumes, que están separados por unha distancia duns 500 metros no municipio de Vilariño de Conso, na parroquia de San Mamede de Hedrada.

 

Os incendios están activos desde as 16:10 horas deste mércores. Os primeiros efectivos para dar aviso do lume trasladáronse ao lugar ás 16:14. O primeiro lume afecta a 14 hectáreas, mentres que o outro xa alcanza as 54 hectáreas.

 

No incendio de maiores dimensións, e que se sitúa nunha zona inaccesible para os servizos de extinción terrestres, incorporáronse cinco helicópteros e solicitáronse dous avións máis, coa previsión de que se poidan ir incorporando tamén máis medios aéreos.

 

Desde as contas de Twitter dos bombeiros que interveñen neste lume, existe malestar por non seren tidos en conta, incluído o seu traballo de extinción. Así mesmo, Axentes forestais da CIG critican á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, por tardanza na xestión deste lume.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta