Gómez-Reino súmase a incluír a devolución do Pazo de Meirás no decreto para exhumar a Franco

"Ademais de sacar os restos do ditador do Val dos Caídos, hai que sacar á familia do ditador do Pazo de Meirás", reclama

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/08/2018 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea no Congreso dos Deputados, Antón Gómez-Reino, reclamou ao Goberno que a modificación, por Decreto Lei da Lei de Memoria Histórica, para permitir a exhumación dos restos de Franco do Val dos Caídos, inclúa ao Pazo de Meirás.

Antón Gómez-Reino. EN MAREA
Antón Gómez-Reino. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Ante os medios de comunicación, Gómez-Reino sumouse á demanda feita pública polo Concello de Sada, que insta tamén de novo ao Executivo a presentar a demanda civil que posibilite a incorporación do inmoble ao patrimonio público. "Ademais de sacar os restos do ditador do Val dos Caídos, hai que sacar á familia do ditador do Pazo de Meirás", reclama o portavoz de En Marea na cámara baixa.

"O Goberno ten que tomar medidas legais para que o Pazo de Meirás sexa devolto á cidadanía", asegurou Gómez-Reino, que xa avanza que tomarán as medidas oportunas no caso de que esta demanda non sexa incluída no acordo do Consello de Ministros deste venres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta