A situación da esquerda galega

A situación política e ideolóxica da esquerda galega toca fondo, no marco da propia crise deste espazo, no marco internacional. No noso país esta crise de identidade terá as súas consecuencias a medio prazo. Os teóricos da “Nova Política” terminaron facendo a vella política.

Por Lois Pérez Leira | República Dominicana | 28/08/2018

Comparte esta noticia

As Mareas convertéronse nun mero instrumento electoral, sen proxecto estratéxico. Militantes sen experiencia nin formación política, oportunistas, posibilistas, apropiáronse do espazo da esquerda e a súa representación institucional. Ata se deron o luxo de xubilar a Xosé Manuel Beiras, o cal tamén é responsable de facer crecer “ananos”. Tamén correu a mesma sorte Mariano Abalo, outro histórico da esquerda independentista.

Agora o panorama é tráxico. Non hai nada. Non existe un programa soberanista de esquerdas, carencia de líderes, falta de organización popular etc.

Sen ningunha dúbida estamos no final dun ciclo político, tanto en Galicia como no Estado español. A consecuencia quizais máis dramática sexa seguramente a desilusión dos sectores da poboación máis comprometidos en cambiar a sociedade. Esta crise significará tamén un retroceso da conciencia colectiva do noso pobo.

Xoaquín Fernández Leiceaga, Luís Villares e Ana Belén Pontón
Xoaquín Fernández Leiceaga, Luís Villares e Ana Belén Pontón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.