Evacúan en helicóptero a un home rescatado da auga na Praia de Nerga, en Cangas

O home foi trasladado na aeronave até o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo.

Por E.P. | Cangas | 29/08/2018 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Un home foi evacuado en helicóptero medicalizado na tarde deste mércores despois de ser rescatado da auga na Praia de Nerga, en Cangas do Morrazo (Pontevedra).

Un helicóptero participa na busca dun mozo desaparecido na praia do Orzán
Un helicóptero participa na busca dun mozo desaparecido na praia do Orzán | Fonte: UC

Segundo informou o 112 Galicia, tras ser reanimado, o home foi trasladado na aeronave até o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo.

Os socorristas do areal foron os encargados de dar o aviso ao centro de emerxencias indicando que o home podería estar afogado e solicitando unha ambulancia. Seguidamente, o 112 deu o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local de Cangas, a Protección Civil, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta