O "misterio" do avión ruso

Na noite do martes e na madrugada do mércores un avión ruso aterraba en Santiago. Os motivos desa aterraxe son confusos. GC tenta saber se se tratou dun "bluff" na rede.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 04/05/2011 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O twitter de Aeronoticiario SCQ, un blog vinculado a traballadores do Aeroporto de Lavacolla, informaba a última hora do martes que este aeroporto estaba en alerta. O motivo; a petición dun avión ruso con 198 pasaxeiros a bordo para aterrar de emerxencia nas instalacions de Santiago.

None

Aeronoticiario SCG, que tamén ten un blog con información sobre o aeroporto de Santiago, daba, ademais, conta de retraso doutro avión de Iberia procedente de Madrid a causa desta suposta aterraxe de emerxencia. 

 

Un pasaxeiro "bébedo"?

 

Finalmente, o Tupolev ruso, tomou terra, e segundo esta mesma fonte, a orixe do problema foi o comportamento dun pasaxeiro en estado bébedo. Ata aí chega a información deste grupo de traballadores do aeroporto. GC publicou a información mencionando a esta web e non puido contrastar a información porque ás 00.30 horas do mércores --cando foi publicada--  ninguén contestaba en Prensa de Aena.

 

Sen embargo, ao longo do mércores, GC conseguiu coñecer a opinión de Aena. Primeiro, en Madrid, onde negaron que houbera ningún tipo de incidentes ou retrasos de avións, e logo en Santiago onde confirmaron esa información ainda que recoñeceron que, efectivamente, a esas horas aterrou un avión ruso procedente de Murmansk, e con destino a Tenerife, pero "en escala técnica".

 

"Incidencia"

 

Unha información que contrasta coa recapitulada entre traballadores do aeroporto e controladores aéreos. Os primeiros apuntan que "algo raro pasou porque se mobilizou a Garda Civil". Un dato que, por sí só, tampouco di nada.  Sen embaro, os segundos xa son máis explícitos. "Non foi unha emerxencia, foi unha incidencia, e son comúns nos aeroportos", sinalou un controlador . "Non é a primeira vez que aterran avións por problemas con algún pasaxeiro. A semana pasada mesmo aterrou un por culpa dun pasaxeiro que estaba fumando no baño".

 

Estas mesmas fontes indican que, Santiago, ao toparse na ruta dos traxectos de Europa ás Canarias "é moi común" que sofra este tipo de "incidencias". "Aterraxes de emerxencia son cousas moito máis graves pero incidencias pasan a miúdo e esta seguro que foi unha delas".

 

En todo caso, o certo é que Aeronoticiario SQC tamén esaxerou os feitos. Ao longo do día de hoxe, non facía alusión, nin na súa web ni no seu twitter a este feito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

16 aviationcorner

el elemento este debería de dejar de robar fotografias de aviationcorner.net. Queda muy bonito escribir 4 lineas en su blog acompañadas de una fotografía a pié de pista haciendo creer a sus incautos lectores que tiene carta blanca para circular por el aeropuerto de Lavacolla, cuando la realidad es que las ha robado de usuarios de otra pagina web. ¡Que vergüenza!

1 Manuel

El dice q se las cedieron http://aeronoticiarioscq.wordpress.... pero despues de las mentiras de esta semana ya no sé q creer

15 Damian

A algún habería que cortarlle as ás para que deixara de vivir nas nubes e vaixara un pouquiño a terra, que non lle había de vir mal. Unha persoa que adoita a contar tantas mentiras e que en vez de recuar cando comete un erro, empezóñase censurando aos propios traballadores do aeroporto que lle están a dicir o que realmente pasou; non é moito de fiar. ¿E ninguén do aeroporto se puxo en contacto con ningún medio para esclarecer o acontecido e desmentir o blog de éste energúmeno?

1 flymetothemoon

Que eu saiba ninguén se puxo en contacto ca xente que en realidade estaba alí nese intre. De tódolos xeitos o autor do "blog" xa quedou en evidencia suficiente cando eliminou tódolos comentarios relacionados ca falsa noticia, así como tamén é lapidario o derradeiro post que titulou: "Este portal informa que desde este momento se tomarán las medidas oportunas contra todos aquellos que se dediquen a boicotear, criticar destructivamente o tergiversar información publicada aquí" De tódolos xeitos con quen se terían que tomar as medidas oportunas tería que ser en contra del por inventarse unha noticia sen contrastar información, e tamén tería que ser investigado por Aena, pola empresa de handling e por todo organismo que teña competencia no asunto.

14 Pedro Gómez

Es penoso que hagais caso a Aeronoticiario SCQ, ya que es una persona que está expulsada de foros por todas las tonterias que se inventa. Es un niño con aires de grandeza que se inventa cosas para crear falsa expectacion en su blog. En Internet hay blogs sobre aeropuertos muy buenos, pero por culpa de gente como este niñato, pues pierden prestigio. Una pena.

1 Manuel

Ha vuelto a eliminar los comentarios de los trabajadores de Newco q atendieron el avión y que amablemente explicaron lo q había pasado.No le interesa la verdad, bloquea a la gente q explica lo q pasó y deja gustosamente los comentarios de la gente q lo adula ("me gusta",sigue así!) Espero q la dirección del aeropuerto investigue un caso tan grave como éste, y que deje constar q está totalmente al margen de las noticias q publica este individuo.Saludos

13 Manuel

El hecho de crear una alarma en un aeropuerto es realmente peligroso en estos días además de ser punible por la justicia. A este individuo no le interesa q se sepa la verdad ya q a diferentes trabajadores del aeropuerto le ha borrado los comentarios y ya no deja acceder a su página justificándose en q "tergiversamos" su verdad. Pues bien la verdad es:q la policía q estaba de turno esa noche niega tajantemente los hechos q este individuo comenta y q hubiera incidente alguno por lo q los reclamaran para atender el avión. además, gracias a la publicación de esta "alerta" por este individuo, la oficina de información de AENA estuvo colapsada con llamadas de gente preguntando por la situación de emergencia en el aeropuerto. basta ya de mentiras, por favor! Me parece muy fuerte q un individuo q inventa noticias, crea alarmas,siga teniendo credibilidad e incluso esté apoyado por el Concello de Santiago. Saludos

12 Fran

Boas noites! Eu fun unha das persoas que atendeu a escala técnica programada á que se refiere a noticia. Como xa dixen na web do facebook (comentarios que foron censurados polo seu webmaster, como ben indica Cristina) éramos tres persoas da compañía de handling Newco as que alí estivemos (a pé de pista coordinando ca tripulación técnica en todo momento) dende que o avión tomou terra ata que voltou a despegar ó seu destino. O avión, no tempo que durou a escala (máis ou menos unha hora) só requeriu repostaxe de combustible. En ningún momento, ninguén da tripulación nos alertou de que houbera alguén a bordo en estado etílico. Así que, estamos un pouco sorprendidos con todo o que se publicou ó respecto e non damos crédito de todo o que esta persoa montou acerca desta escala que onte repetiu e hoxe tamén voltará ó aérodromo compostelano. Sen máis. Un saudo.