O "misterio" do avión ruso

Na noite do martes e na madrugada do mércores un avión ruso aterraba en Santiago. Os motivos desa aterraxe son confusos. GC tenta saber se se tratou dun "bluff" na rede.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 04/05/2011 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O twitter de Aeronoticiario SCQ, un blog vinculado a traballadores do Aeroporto de Lavacolla, informaba a última hora do martes que este aeroporto estaba en alerta. O motivo; a petición dun avión ruso con 198 pasaxeiros a bordo para aterrar de emerxencia nas instalacions de Santiago.

None

Aeronoticiario SCG, que tamén ten un blog con información sobre o aeroporto de Santiago, daba, ademais, conta de retraso doutro avión de Iberia procedente de Madrid a causa desta suposta aterraxe de emerxencia. 

 

Un pasaxeiro "bébedo"?

 

Finalmente, o Tupolev ruso, tomou terra, e segundo esta mesma fonte, a orixe do problema foi o comportamento dun pasaxeiro en estado bébedo. Ata aí chega a información deste grupo de traballadores do aeroporto. GC publicou a información mencionando a esta web e non puido contrastar a información porque ás 00.30 horas do mércores --cando foi publicada--  ninguén contestaba en Prensa de Aena.

 

Sen embargo, ao longo do mércores, GC conseguiu coñecer a opinión de Aena. Primeiro, en Madrid, onde negaron que houbera ningún tipo de incidentes ou retrasos de avións, e logo en Santiago onde confirmaron esa información ainda que recoñeceron que, efectivamente, a esas horas aterrou un avión ruso procedente de Murmansk, e con destino a Tenerife, pero "en escala técnica".

 

"Incidencia"

 

Unha información que contrasta coa recapitulada entre traballadores do aeroporto e controladores aéreos. Os primeiros apuntan que "algo raro pasou porque se mobilizou a Garda Civil". Un dato que, por sí só, tampouco di nada.  Sen embaro, os segundos xa son máis explícitos. "Non foi unha emerxencia, foi unha incidencia, e son comúns nos aeroportos", sinalou un controlador . "Non é a primeira vez que aterran avións por problemas con algún pasaxeiro. A semana pasada mesmo aterrou un por culpa dun pasaxeiro que estaba fumando no baño".

 

Estas mesmas fontes indican que, Santiago, ao toparse na ruta dos traxectos de Europa ás Canarias "é moi común" que sofra este tipo de "incidencias". "Aterraxes de emerxencia son cousas moito máis graves pero incidencias pasan a miúdo e esta seguro que foi unha delas".

 

En todo caso, o certo é que Aeronoticiario SQC tamén esaxerou os feitos. Ao longo do día de hoxe, non facía alusión, nin na súa web ni no seu twitter a este feito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

11 Fran

Boas noites! Eu fun unha das persoas que atendeu a escala técnica programada á que se refiere a noticia. Como xa dixen na web do facebook (comentarios que foron censurados polo seu webmaster, como ben indica Cristina) éramos tres persoas da compañía de handling Newco as que alí estivemos (a pé de pista coordinando ca tripulación técnica en todo momento) dende que o avión tomou terra ata que voltou a despegar ó seu destino. O avión, no tempo que durou a escala (máis ou menos unha hora) só requeriu repostaxe de combustible. En ningún momento, ninguén da tripulación nos alertou de que houbera alguén a bordo en estado etílico. Así que, estamos un pouco sorprendidos con todo o que se publicou ó respecto e non damos crédito de todo o que esta persoa montou acerca desta escala que onte repetiu e hoxe tamén voltará ó aérodromo compostelano. Sen máis. Un saudo.

10 Santiago

Aquí hay un vídeo en referencia a la noticia. Despues de esto todas las noticias y comentarios fueron eliminados. Ahora se justifica echandole la culpa a la policía??? http://www.vtelevision.es/informati...

9 María

Buenas como trabajadora del aeropuerto quería agradecer a Galiciaconfidencial q no diera veracidad a la exageración de la noticia por parte de Aeronoticiario SCQ y comentar que: 1.A menudo aterrizan el Santiago y otros aeropuertos aviones con pasajeros problematicos o enfermos (infartos, desmayos...etc) sin que suponga esto una noticia informativa q haya q publicar "violando" en muchas ocasiones la confidencialidad y privacidad de dichos pasajeros. 2.Puesto q ni la dirección del Aeropuerto ni Aena declaró alerta en el aeropuerto ni aconsejó a los usuarios y pasajeros de dicho aeropuerto q no se acercaran a él me parece muy grave y punible por parte del administrador de dicha página q publique ese "estado de alarma" y más en los tiempos q corren ultimamente. Agradezco a Galiciaconfidencial el derecho a expresarme libremente y con conocimiento de causa. Gracias a GC por contrastar las noticias, y volver al periodismo de toda la vida. Saludos

8 Antonio

Para Aeronoticiario q cita "las fuentes de la noticia fueron: 1 controlador del turno de noche y la policía nacional al ser preguntada por el mismo. Si a estas alturas no se puede fiar de las fuerzas de seguridad del estado o de un controlador, entonces es mejor dejar el tema aeronautico para "aficionados de foro" ¿no?" FUE EL, EL UNICO RESPONSABLE DE CATALOGAR LA NOTICIA Y DECIR Q EL AEROPUERTO ESTABA EN ESTADO DE ALERTA! Más aficionado al foro es él ya q en vez de poner simplemente las noticias se dedica una y otra vez a contestar y rebatir a todos los q no le adulamos. Ah! y no le contesto porque después te borra los comentarios. El q no es aficionado a los foros.... Menos mal q Galiciaconfidencial no le dió veracidad a la noticia, menudo bulo inventarse y publicar lo del estado de alerta en el aeropuerto de Santiago.

7 David

Ningún medio serio se hace eco de las noticias de este personaje que ya se inventó Air Compostela, y que en mas de un foro quedó en evidencia. La gente que conoce un poco el sector no le da ninguna credibilidad a sus palabras, son todo invenciones. El problema es que el pobre chaval tiene demasiada imaginación.

1 Manuel

Lo fuerte es q pasara de una escala técnica y/o aterrizaje de emergencia a decir q el aeropuerto estaba en alerta. En los tiempos q corren hay q medir muy mucho las palabras.Ah! En vez de reconocer la metedura borra la noticia y comentarios...para salvaguardar su "profesionalidad". En fin...q bueno lo de Air Compostela,xD!