O "misterio" do avión ruso

Na noite do martes e na madrugada do mércores un avión ruso aterraba en Santiago. Os motivos desa aterraxe son confusos. GC tenta saber se se tratou dun "bluff" na rede.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 04/05/2011 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O twitter de Aeronoticiario SCQ, un blog vinculado a traballadores do Aeroporto de Lavacolla, informaba a última hora do martes que este aeroporto estaba en alerta. O motivo; a petición dun avión ruso con 198 pasaxeiros a bordo para aterrar de emerxencia nas instalacions de Santiago.

None

Aeronoticiario SCG, que tamén ten un blog con información sobre o aeroporto de Santiago, daba, ademais, conta de retraso doutro avión de Iberia procedente de Madrid a causa desta suposta aterraxe de emerxencia. 

Un pasaxeiro "bébedo"?

Finalmente, o Tupolev ruso, tomou terra, e segundo esta mesma fonte, a orixe do problema foi o comportamento dun pasaxeiro en estado bébedo. Ata aí chega a información deste grupo de traballadores do aeroporto. GC publicou a información mencionando a esta web e non puido contrastar a información porque ás 00.30 horas do mércores --cando foi publicada--  ninguén contestaba en Prensa de Aena.

Sen embargo, ao longo do mércores, GC conseguiu coñecer a opinión de Aena. Primeiro, en Madrid, onde negaron que houbera ningún tipo de incidentes ou retrasos de avións, e logo en Santiago onde confirmaron esa información ainda que recoñeceron que, efectivamente, a esas horas aterrou un avión ruso procedente de Murmansk, e con destino a Tenerife, pero "en escala técnica".

"Incidencia"

Unha información que contrasta coa recapitulada entre traballadores do aeroporto e controladores aéreos. Os primeiros apuntan que "algo raro pasou porque se mobilizou a Garda Civil". Un dato que, por sí só, tampouco di nada.  Sen embaro, os segundos xa son máis explícitos. "Non foi unha emerxencia, foi unha incidencia, e son comúns nos aeroportos", sinalou un controlador . "Non é a primeira vez que aterran avións por problemas con algún pasaxeiro. A semana pasada mesmo aterrou un por culpa dun pasaxeiro que estaba fumando no baño".

Estas mesmas fontes indican que, Santiago, ao toparse na ruta dos traxectos de Europa ás Canarias "é moi común" que sofra este tipo de "incidencias". "Aterraxes de emerxencia son cousas moito máis graves pero incidencias pasan a miúdo e esta seguro que foi unha delas".

En todo caso, o certo é que Aeronoticiario SQC tamén esaxerou os feitos. Ao longo do día de hoxe, non facía alusión, nin na súa web ni no seu twitter a este feito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

6 Roberto

Cualquiera que conozca minimamente a Aeronoticiario SCQ no se creería nada de lo que publica. Hay cientos de noticias falsas, por no hablar de la aerolinea que este "niño" se inventó. Lo peor es que desinforma a diario a la gente que de verdad le interesa el Aeropuerto de Santiago y que buscan información de verdad.

5 Cristina

Perdon borren os comentarios repetidos e q a paxina non publicaba os comentarios.grazas

4 Cristina

Bos días, quero subraiar q o blog AEronoticiario SCQ non é de traballadores de Aeropuerto, se fora de eles non se publicaban informacións sen contrastalas tipo "estado de alerta" cando só foi unha escala técnica. Traballadores de Newco confirmarono no propio blog pero o administrador non lle interesaba reconocer q había metido a pata ata ó fondo dicindo q o aeroporto estaba en estado de alerta polo q borrou todolas noticias e tódolos nosos comentarios. O administrador de esta páxina non traballa no aeropuerto e publica as noticias q lle dan diversas "fontes" do aeropuerto q descoñezco pero q non son oficiais e q incluso ás veces rompen a confidencialidade q debe haber cando ocurre unha emerxencia con algún paxaseiro. Non metamos a todos no mismo saco,por favor.Saúdos

3 Cristina

2 Cristina