GC Aberto

Novos retos para Poio

Nas vésperas da renovación da corporación de Poio, Luciano Sobral fai balance nesta entrevista da acción de goberno do BNG nestes últimos anos e anuncia cales van ser as liñas fundamentais e os novos proxectos para o mandato 2011-2015.

Por xoripe | GC ABERTO | 11/05/2011

Comparte esta noticia

 Nas vésperas da renovación da corporación de Poio, Luciano Sobral fai balance nesta entrevista da acción de goberno do BNG nestes últimos anos e anuncia cales van ser as liñas fundamentais e os novos proxectos para o mandato 2011-2015.

None

Alcalde, cales considera que foron os maiores logros que se acadaron neste mandato?
A contestación desta pregunta require facer un pouco de memoria. Cando o BNG accedeu ao goberno municipal fíxoo tendo claro o modelo do concello que queriamos para Poio. Eran moitos os retos e o traballo que quedaba por diante e nalgún momento parecía imposíbel acadar os obxectivos que eran simples e concretos: democratizar a vida municipal, abrindo o concello aos veciños e veciñas de Poio, resolver o déficit existente en servizos básicos e ordenar o territorio, resolvendo os accesos a Pontevedra.Con esta base, e estes obxectivos cumpridos nos primeiros mandatos, o BNG presentábase ás eleccións municipais do 2007 con proxectos moito máis ambiciosos que servisen para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas e dotar ao noso concello de infraestruturas, novas áreas recreativas e posta en valor do noso patrimonio histórico que potenciasen e impulsasen o crecemento económico e demográfico do noso concello.


Hoxe en dia podemos dicir que case a totalidade dos proxectos que presentabamos en maquetas son unha realidade fronte aqueles agoreiros que dicían sería, irrealizábel. Cales destacaría?

A verdade que son moitas as actuacións, pero a dotación de espazos públicos e infraestruturas... como a praza da Granxa, a praza de Samieira, o parque de Costa Xiráldez, a explanada da Seca, o Parque da Memoria, os roteiros de Muíños de Samieira e a Reiboa, a creación de pistas deportivas en varios lugares do concello... os locais sociais e culturais como a Casa Colón, a Casa da Cultura Xaime Illa Couto, o local social de Lourido e Campelo, o Palacete de Besada... entre outras, son algunhas desas maquetas que a día de hoxe os veciños e veciñas poden gozar porque son unha realidade e están á vista. Dende a oposición recoñecen o traballo feito,pero dubidan se o proxecto político do BNG pode ir máis alá...Somos conscientes de que aínda queda moito por facer, por iso temos novos retos e novos proxectos para o futuro, e moitos deles de vital importancia para o noso concello. Algúns xa terían que ser hoxe unha realidade se non fose polo estrangulamento e o boicot do goberno do PP na Xunta de Galiza coa complicidade do PP de Poio, como a nova depuradora, a urbanización da PO-308, os proxectos dos peiraos do Covelo e Raxó... E que dicir do polígono da Fragamoreira, posibelmente o exemplo máis significativo deste boicot. Claro que imos máis alá, porque esas necesidades queremos resolvelas, agardando que os veciños e veciñas de Poio non perdoen as deslealdes do PP cos problemas que existen. As actitudes obstrucionistas e irresponsábeis é hora que rematen.

Que medidas vai a adoptar diante da crise?
O principal obxectivo do novo goberno do BNG vai ser a creación de emprego e a reactivación da economía local. As infraestruturas que imos poñer en marcha, a mellora e dotación de servizos e os compromisos que antes citei van servir para consolidar o emprego e reactivar a nosa economía. Fronte a este obxectivo a demagoxia do partido da oposición parece non ter límites porque chegan
a culparnos do paro cando a Xunta de Galiza ten competencias en materia de emprego, pero nada fan, a pesar de que no ano 2009 o PP fixo a falsa promesa de 50 medidas para acabar co paro, e agora, desde que están na Xunta, aumentaron as persoas sen emprego en preto de 100.000 en Galiza. Nós imos cumprir e contribuír a paliar os tempos de crise que sufrimos.

E xa para rematar alcalde, cales serán os proxectos que pretende abordar no vindeiro mandato? 
O noso obxectivo é a creación de emprego e activar a economía local, por iso algúns dos nosos proxectos que xa están en marcha,  como a humanización da rúa Fernández de la Mora, a ampliación da praza de Samieira, o paseo entre o Laño e o Covelo... van contribuír a lograr esa meta. Falamos de proxectos que afiancen a nosa política de crear novos espazos públicos e de lecer, atendendo as novas demandas da sociedade e dunha poboación en aumento e con moitos problemas pola crise, entre outros aspectos.
Toda a nosa acción de goberno vai nesa dirección como o novo PXOM co deseño dun novo polígono industrial, a mellora da seguridade vial da PO-308, a mellora dos accesos a Campelo, ou a renovación da auga en alta, entre outros, que van a axudar á activar a economía do concello e fixar emprego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta