Máis de 30 brigadistas celebran o Día Europeo das Comunidades Sostibles eliminando eucaliptos

Os traballos terán lugar na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán (Lousame), que no seu día fora recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente

Por Galicia Confidencial | Lousame | 19/09/2018 | Actualizada ás 22:41

Comparte esta noticia

Cal é a mellor maneira de celebrar o Día Europeo das Comunidades Sustentábeis?. Desde Verdegaia téñeno claro; eliminando eucalipto. Por iso, organizaron para o vindeiro día 22 de setembro –data na que se celebra este día-- unha brigada deseucaliptizadora nos montes de Froxán, en Lousame. 

Traballos de plantación de especies autóctonas, como carballos e castiñeiros, en terrenos inzados de eucaliptos en Froxán (Lousame)
Traballos de plantación de especies autóctonas, como carballos e castiñeiros, en terrenos inzados de eucaliptos en Froxán (Lousame) | Fonte: Coluna San Fins

Os traballos levaranse a cabo xunto coa Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, e terán lugar na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, que no seu día fora recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente. Como sempre, despois dos traballos colectivos no monte (roga), premiarase ás brigadistas asistentes cun xantar de convivio (albaroque).

A esta xornada xa anunciaron a súa asistencia un total de 30 brigadistas, que se encargarán de eliminar rebrotes de eucalipto nunha zona na que xa se traballou o pasado inverno e primavera, e onde foron plantados miles de pés de frondosas por medio da campaña de micromecenado “No corazón unha árbore”.

Segundo informa a entidade ecoloxista nun comunicado, os traballos en Froxán comezarán no monte ás 10 da mañá, “máis é imprescindíbel estar puntualmente no punto de encontro (que será comunicado ás persoas inscritas) ás 9:30 para ir xuntas á zona da intervención”.  Para participar nesta acción é necesario en primeiro lugar estar inscrito como Brigadista no proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta