Pechan a praia da Magdalena en Cedeira por contaminación

A Consellería de Sanidade avisara por unha vertedura que elevou os índices de contaminación por encima do recomendado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2018 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, explicou que o peche se decretou este xoves por parámetros "totalmente anormais", sobre todo, despois de que pasase a época de verán que é cando a vila conta con maior poboación. Así, decretouse esta medida por "precaución". O rexedor cedeirense indicou que hai varias semanas que "están detrás de varias verteduras" da depuradora e "alertando á Xunta", que polo momento atribuíu a "lodos" a situación.

En Cedeira, Praia da Madalena
En Cedeira, Praia da Madalena

Con todo, Moreda indicou que sospeitan que puido haber unha "vertedura", non se sabe se de forma voluntaria, e agora estase investigando se é "algo puntual ou algo que está a ocorrer nalgún punto" que hai que "determinar".

O alcalde de Cedeira explicou que levan "15 días alertando de que a auga da depuradora cara ao río tiña unha cor diferente" da cor clara a auga, e indicou que ha en días pasados tomáronse analíticas, pero até agora non se produciu o aviso que fixo pechar a praia ao baño. "Hai que ver onde se tomaron as analíticas, ver a procedencia e investigala", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta