Morre a disparos da Policía Militar de Brasil un home de 41 anos fillo de emigrantes de Ponte Caldelas

Os policías confundiron o coche do falecido co duns delincuentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Un home de 41 anos fillo de emigrantes naturais de Ponte Caldelas (Pontevedra) faleceu o pasado mércores a consecuencia dos disparos da Policía Militar da cidade brasileira de Salvador de Baía que, segundo os primeiros indicios, confundiron o coche do falecido co duns delincuentes.

Grupo especial da policia militar do Brasil
Grupo especial da policia militar do Brasil | Fonte: brasilinfo.net

Segundo relatou a Europa Press o rexedor de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o falecido, Marcio Pérez Santana de 41 anos e con dúas fillas, morreu abatido por axentes da Policía Militar nas inmediacións da súa residencia.

O home, fillo de emigrantes en Brasil xa retornados á súa localidade natal, rexentaba unha consultora xunto con outro socio en Salvador de Baía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta