A ubicación dos teléfonos móbiles, probas cotra os supostos asasinos dunha muller na Pobra

Os acusados reivindican a súa inocencia ante a falta de probas "contundentes. "Fiscalía e acusación centran os seus argumentos na triangulación dos datos dos teléfonos móbiles ao non existir probas de ADN ou sangue

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

As defensas dos acusados polo asasinato de Yurissa A. en xuño de 2015 na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal pediron este luns a libre absolución para os seus defendidos ante a falta de probas "contundentes" que os impliquen directamente no asasinato da cidadá dominicana que recibiu até 36 feridas cun obxecto punzante que lle causaron a morte.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

Este luns nos xulgados de Santiago tivo lugar a penúltima xornada do xuízo contra M.A.C. e V.L.M., parella no momento dos feitos e para os que a Fiscalía e a acusación particular piden 20 anos de prisión por un delito de asasinato con ensañamiento, ademais dunha indemnización de 110.000 euros para os herdeiros da vítima.

Na lectura das conclusións das partes ante o xurado popular, o Ministerio Público sostivo que os procesados actuaron de "común e previo acordo" para acabar coa vida de Yurissa A., que residía en Ribeira --onde exercía a prostitución-- e que presuntamente contraera unha débeda de 50 euros con M.A.C. e V.L.M., que se dedicaban ao tráfico de drogas polo miúdo.

Tanto a Fiscalía como a acusación centran os seus argumentos contra os acusados na triangulación dos datos dos teléfonos dos presuntos asasinos e a vítima. Os sinais dos terminais sitúan xuntas a estas tres persoas durante a mañá do 7 de xuño de 2015.

E é que as pescudas policiais e os informes forenses non atoparon probas de ADN ou de sangue no cadáver de Yurissa P., cuxos aveños persoais foron localizados nunha zona afastada de onde foi depositado o corpo.

Tampouco descubriron indicios no piso que compartían os acusados ou no seu coche, aínda que a alfombra do maleteiro do turismo nunca foi achada. Nesta "falta de probas contundentes" puxeron o foco os avogados dos presuntos autores do crime que, ademais, centraron a súa defensa en culpabilizarse mutuamente do asasinato.

Mentres que a defensa de M.A.C. asegura que se trataba dunha muller "totalmente dominada" pola súa parella, que realizaba o que el lle pedía "sen preguntar" e que sufría malos tratos por parte de V., os avogados deste manteñen que eses argumentos son "falsos" e que "o rol de persona dominada" presentado polos letrados de M. é "totalmente inexistente".

Ademais, os avogados do acusado afirman que o seu defendido non tiña teléfono móbil no momento do crime, unha liña que a acusación desmente co argumento de que, aínda que non existía ningunha liña ao seu nome, V. si empregaba un terminal cuxa titularidade recaía nunha terceira persona co obxectivo de non ser investigado polas súas actividades delituosas relacionadas co tráfico de estupefacientes.

"COARTADA IMPERFECTA"

Así, as defensas presentan unha reconstrución da mañá dos feitos totalmente dispar, coa única excepción do seu desprazamento conxunto á zona de Couso para atoparse cun amigo común co obxectivo de realizar unha "churrascada" que nunca chegou a realizarse.

Tanto a acusación particular como a Fiscalía consideran que isto último foi unha "coartada imperfecta" que os procesados improvisaron após cometer o crime co obxectivo de poder ser situados por unha terceira persona nun lugar diferente.

O Ministerio Público estima que os presuntos asasinos actuaron de maneira "coidadosa", pois non foi posible atopar máis indicios que os datos dos teléfonos móbiles e que a vítima fose vista por última vez abandonando un bar de Ribeira en compañía da acusada.

Con todo, as defensas reiteraron este luns, como xa fixeran no arranque do xuízo, que o sinal dun teléfono móbil non implica que os seus titulares se atopen nesa mesma localización, o que lles leva a manter que o principal argumento da acusación non ten o peso suficiente como para condenar a dúas persoas por "un delito tan grave".

Así as cousas, coa lectura das conclusións das partes o xuízo encara a súa recta final coas deliberacións do xurado popular, que levarán a cabo a partir da mañá do martes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta