Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2018 | Actualizada ás 10:53
Unha muller de 58 anos de idade desapareceu na tarde do martes 25 de setembro na localidade ourensá de Monterrei. Colaboran na súa busca Protección Civil, Garda Civil e varios veciños da zona.
En concreto, a muller desapareceu do seu domicilio, situado na aldea de Vences, deixando o seu móbil no interior da mesma. Ademais, este mércores 26 estaba previsto que collese un avión rumbo a Barcelona.
Responde o nome de Sara Silva Alonso, ten o pelo curto e louro e os ollos azuis. Até o momento non hai novidades no operativo de procura despregado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.