A nova cultura galega

Son novos pero teñen claro que a literatura e a poesía non sabe de idades, nin tampouco de "peches culturais". Son as mentes libres e creativas do futuro de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/05/2011 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Lois Pereiro foi un adiantado do seu tempo. Un adiantado e, tamén, un inadpatado. Un tipo que non seguía os cánones culturais do seu momento, que se revelaba contra eles e, sen embargo, e co tempo, converteuse nun mito e chegou a ser o poeta homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.

E mentres uns lembran a Lois Pereiro a través de tweets e retweets, facebooks, e roldas de prensa, outros elixen o mellor xeito de homenaxealo; con poesía, con literatura, con creatividade e, sobre todo, con liberdade. Son 17 creadores novos de todo o país que acaban de poñer en marcha unha interesante iniciativa cultural da man do colectivo Letra en Obras. Trátase dun libro dixital con relatos destes autores que os interesados poden descargar de xeito gratuíto na páxina web www.letraenobras.com.

17 autores


Con deseño de Ruth Caramés, autora da portada, e maquetación de Raquel Boo, nesta obra de consulta libre participan Samuel L. Paris, David Pobra, Iria Ameixeiras, Brais Lamela, Elena Veiga Rilo, Andrés Carrasco, Raquel Boo Anderson, Paulo Martínez Lema, Alba Payo Froiz, Xurxo Martínez, Mónica Fernández Armesto, Brais Zas, Alberto Rodríguez Díaz, Celia Parra, Vidal, Paloma Calvo e Eva Moreda. Algúns deles é a primeira vez que ven publicadas as súas obras, outros xa participaron en proxectos colectivos e outros, os menos, xa contan con experiencia editorial.

Os impulsores desta iniciativa son Roberto Noguerol, Pablo García e Moncho Vilar, todos eles cunha longa traxectoria no mundo do xornalismo e da rede. Desde este luns está activa a páxina web Letra en Obras onde, ademais de atopar textos xornalísticos que peneirarán a vida literaria galega, os creadores do proxecto pretende acadar unha certa continuidade na publicación de textos que," nos medios de relación cos que conta hoxe a literatura galega, rematan ás veces condenados a balorecer nos caixóns".

"Saír nos xornais"

Precisamente, Pablo García, gañador do V Premio Biblos-Pazos de Galicia, destaca que o obxectivo de Letras en Obras é aportar as ferramentas necesarias para que os novos autores poidan compartir e difundir os seus textos. "Trátase de que creen lóxicas propias dos seus intereses", indica ao sinalar que os escritores e poetas consagrados de Galicia xa teñen aos grandes medios de comunicación para expresarse. Así, sinala que moitos dos creadores novos perden o tempo mirando "canons culturais establecidos sen decatarse de que eles mesmos poden crear espazos propios". 

Este colectivo quere ser unha alternativa á cultura de "saír nos xornais" e á cultura da retroalimentación. Non é a primeira iniciativa novidosa para homenaxear a Lois Pereiro. Hai uns días, a Asociación Cultural Lucerna, celebrou un acto no Castelo do Monte Xalo. Un espazo simbólico que serviu para reinvindicar ao Lois intimista e ao Lois combativo. Nel participaron David Fernández, Estíbaliz Espinosa, Emi Candal, Ismael Souto, Lucia Hoxe, Milagros Bello, Rocio Fernández, Rosabel Candal, Saínza, Samuel L. Paris e X. Bocixa.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Faldo

Se de verdade amamos a nosa lingua, a que esperamos para homenaxear a nova e puxante literatura dos nosos mozos máis sobranceiros? Para cando un recoñecemento aos escritos de Javier Dorado e á oratoria de David Cal? O PP sempre á vangarda do país...

1 S306

Faldo, no seas tan limitado, ¡hombre! No crees que también merecería un monumento Roberto Varela? Ya sabes, el de Desván de los Monjes.

4 Xandocas

Onde carallo está a cultura adormecida do noso País, existe?. Desque chegou o PP andan acobillados agardando outra gran loita de Breogán que chegará cando veña un bipartito e saian todos das toupas a protestar. Porque está moi ben protestarlle aos "amijos" pero cos enimigos nin pío. Xa o di moi ben o artigo; son os culturestas do 2.0 que xa non saben nin o que é a literatura, nin escribir un poema. Ánimo mozos. Somos moitos os que agardamos por unha nova cultura para este país.

1 eumesma

Canto cretino hai solto nesta web!!!

3 Pra jajello el de GC.

Máis que "cotos culturais" habería que falar de "CoUtos culturais". De couto, acoutar.

2 Fabián

Magnífica iniciativa. Coincido co comentario anterior de que a Lois habería que telo estimado máis en vida.

1 Xoel

Moi ben rapaces. Fan falla moitos Lois Pereiro neste país e menos lamecús de voces, faros, xornais e países e das sectas culturais da Galiza.

1 Ofcina NON te olvida

Quizais se falaran con quen lle fixo caso de vivo, e acordouse de coidalo, poderían contar a sua verdadeira historia, e non todos os carroñeiros que buscan protagonismo a sua conta agora.