Denuncian que a nova conselleira de Política Social comezou mandato visitando unha residencia privada

Estivo na residencia de maiores DomusVi de Ribeira, un centro que pertencente a unha multinacional.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2018 | Actualizada ás 08:20

Comparte esta noticia

A nova conselleira de Política Social, Fabiola García, comezou o seu mandato na Xunta visitando unha residencia de maiores privada durante o Día Internacional dos Maiores. É a denuncia que fai a CIG-Administración que cualifica o acontecido como “ocorrencia” da conselleira.

Fabiola García con cargos da Xunta e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, na residencia privada DomusVi
Fabiola García con cargos da Xunta e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, na residencia privada DomusVi | Fonte: xunta.gal

Fabiola García visitou este luns a residencia de maiores privada DomusVi, en Ribeira, localidade da que, ademais, foi concelleira. DomusVi é unha das 163 residencias de anciáns e de atención diúrna pertencentes a un grupo internacional. Segundo a súa web, “a maior rede de centros e servizos de atención ás persoas de España”.

“A conselleira ten todo o dereito a visitar o que considere, pero por se o esqueceu, lembrámoslle que a consellería que dirixe dispón dunha rede pública de residencias de maiores e ben puido comezar as súas visitas por facelo a un centro de xestión pública”, critica CIG-Administración nun comunicado. “Así, de paso, podería coñecer de primeira man as carencias en materia de persoal e medios así como os excesos que se producen nos seus centros”, conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta