Detido un veciño de Vigo que golpeou á súa parella cun teléfono

Un taxista trasladou á muller a un PAC, chorando e moi nerviosa. Presentaba lesións no rostro e queixábase de dor nun oído.

Por E.P. | VIGO | 11/10/2018 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, S.D.R., de 38 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, após agredir á súa parella, á que golpeou por todo o corpo, estampoulle un teléfono móbil na orella e mordeulle na cara.

Recreación dun caso de violencia de xénero
Recreación dun caso de violencia de xénero | Fonte: Getty Images.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada deste xoves, cando unha dotación do 092 desprazouse ao PAC da rúa Pizarro, alertada pola presenza dunha muller que chegara en taxi, e que fora atacada pola súa parella.

Os axentes entrevistáronse co taxista, quen relatou que recollera á muller na Avenida Castelao, que estaba a chorar, moi nerviosa, e que presentaba lesións no rostro e queixábase de dor nun oído.

Así mesmo, a doutora que atendeu á vítima confirmou que esta recoñecera que fora agredida pola súa parella no transcurso dunha discusión. O suposto agresor rompeu un teléfono móbil golpeándoo contra a orella dereita da muller, e provocoulle lesións no tímpano, ademais de que presentaba golpes por todo o corpo e unha dentada nun lado da cara.

A vítima facilitou á Policía a descrición da súa parella e a dirección. Unha vez no lugar, os axentes identificaron ao presunto agresor, cando se atopaba no interior dun taxi, e procederon á súa detención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta