Nace a Rede da Galilusofonía para impulsar as relacións galego-portuguesas

Trece iniciativas das dúas beiras do Miño unen esforzos para impulsar as relacións lingüístico-culturais entre Galicia e a Lusofonía.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 11/10/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Portugal e Galicia máis preto, non só xeográficamente, senón cultural e lingüísticamente. Ese é o obxectivo da Rede da Galilusofonía que se presenta este venres en Pontevedra no marco do Foro da Maré-Cantos na Maré. O nacemento da Rede está impulsada por diferentes iniciativas galegas e portuguesas que partillan o obxectivo común de difundir a música e as artes e aproximar a língua e a cultura galega a toda a Lusofonia.

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha
Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha

"Estas iniciativas, con diferentes enfoques e formatos, mais que se dirixen a unha audiencia partillada que existe na Galiza e en Portugal, decididen xuntarse e constituír a Rede da Galilusofonía, co obxectivo de amalgamar esa audiencia para dar novos pasos na dirección pretendida, xuntando esforzos e recursos humanos e materiais", apuntan desde o colectivo impulsor.

Entre as  iniciativas que manifestaron a súa adhesion á Rede están A Mesa pola Normalización Lingüística, Academia Galega da Língua Portuguesa, AGAL-Associaçom Galega da Língua, AJA Galiza-Núcleo da Associaçom Jose Afonso na Galiza, aRi[t]mar galiza e portugal-Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Cantos na Maré, Castro Galaico Festival de Nogueiró-Braga, Convergências Portugal Galiza-Braga, Festival da Poesia no Condado-SCD Condado, Fundación Via Galego, Ponte a Portu-Gal-Concello de Ponteareas, Ponte nas Ondas e Traz outro amigo também-Concello de Cedeira.

A Rede pretende agora reunir todas estas iniciativas arredor dun Foro e un Espazo internacionais, para poren en común as súas experiencias e camiñar conxuntamente no futuro, criando a Rede da Galilusofonia como selo de unión e cooperación entre as dúas beiras do Miño coa creación e impulso de novas ideas e proxectos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Teresa Martins

Que haja mais gente apostada em fazer pontes e não muros. A bem da cultura, que seja um sucesso!